Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Virus
Lyoko103
Título orixinal (francés) Virus
Título en inglés Virus
Nº de episodio total 103
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x8
Data de lanzamento orixinal 16 de febreiro do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Conta atrás
seguinte
Como enganar a XANA

Virus é o episodio 8 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 103 en total de Código Lyoko. Estreouse o 16 de febreiro do 2013 en Francia.

Argumento[]

Na fábrica, Jeremie e Aelita (no sector 5) están a traballar nun virus para envialo a Cortex e ver se pode facer que XANA non poida entrar máis á rede. Executan o virus e este entra ao núcleo de Lyoko, pero non entra ao núcleo do sistema e por tanto fallan.

En Kadic, Jeremie pensa en pedir axuda a Laura, e despois diso, activar un regreso ao pasado para que o esqueza todo, aínda que todos coinciden en que isto non sería moi xusto, Aelita está en contra, Jeremie explícalle que fixeron o que tiñan que facer, pero fallaron mil veces, polo que necesita un pouco de axuda.

Na biblioteca, os Guerreiros de Lyoko ven a Laura e pensan nunha forma de pedirlle, Odd quítalle algo e todos saen, Laura ségueos até a fábrica e redescubre o laboratorio, Odd devólvelle o que lle quitou e Jeremie explícalle todo.

Laura pensa que só pode usarse un virus verme e que se debe descompilar a estrutura e reconfigurarlo todo, co permiso de Jeremie faio. Ao final lógrao e todo funciona, creouse un novo virus. Dinlle a Laura o do regreso ao pasado e Jeremie a activa facendo que se esqueza todo.

Odd comproba se a loura esqueceu algo e déixaa ao descubrir que parece normal. William queda e os demais diríxense á fábrica para ir a Cortex. Laura empeza a sentir que lle chegan recordos, pero ignórao. Mentres van polo Mar dixital, Jeremie non pode entender o que fixo Laura debido ao rápido que traballou, o virus está dividido en varios subprogramas encriptados.

En Kadic, Laura atópase con William, explícalle que está a ter visións de que o grupo está na fábrica tal como antes, xunto a ela, ao final retírase ao crer que se fai a parva por contarllo e crer que a ve como tola. William chama a Jeremie e este discute cos outros (xa en Cortex) sobre a conciencia da súa compañeira. Aelita é materializada por petición.

Jeremie ordénalle a William que vixíe a Laura e ponse a traballar con Aelita. Laura sae do colexio e William séguea. No bosque, Laura segue tendo visións.

Aelita descobre que un dos subprogramas encriptados está no núcleo de Lyoko, Jeremie di que non é posible e que non debería afectar o sistema. Aelita di que Laura adiviñou o que ía facer e alterou o regreso ao pasado para que non lle afectase.

En Cortex, chegan preto do núcleo, cando corren cara á porta, o chan móvese e Odd termina en problemas, Jeremie materialízao para non caer ao Mar dixital. Ulrich e Yumi entran á terminal. Jeremie empeza a transferir o virus, é sorprendido cando Laura chega con William, explica que o que fixo foi defenderse.

Jeremie fai a transferencia. Yumi avisa que non recibiron nada, de súpeto ouven un ruído forte. Mentres esperan, Jeremie detecta cinco presencias máis á parte das de Ulrich e Yumi, sorpresivamente aparecen uns seres que desvirtualizan aos dous.

Laura explícalle o erro que cometeu Jeremie ao supor que a supercomputadora no que está aloxado Cortex é unha réplica exacta á da fábrica, polo que se queren destruír Cortex terán que empezar todo de novo e non debeu probar o virus no núcleo de Lyoko. Máis tarde, os Guerreiros de Lyoko deciden que Laura se una, xa que o regreso ao pasado non funcionará e que a recrutarán só cando a necesiten.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
102: Conta atrás 103: Virus 104: Como enganar a XANA
Advertisement