Wiki Código Lyoko
Advertisement
Vida de can
Lyoko80
Título orixinal (francés) Kiwodd
Título en inglés Dog Day Afternoon
Nº de episodio total 80
Tempada 4
Episodio na tempada 4x15
Data de lanzamento orixinal 29 de agosto do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Dereito de gabar
seguinte
Falta de boa vontade

Vida de can é o episodio 15 da tempada 4 e o episódio 80 da serie Código Lyoko. Estreouse o 29 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza con que Odd quérese pór calcetíns para facer ximnasia, pero deixoullos na habitación e Kiwi tráellos. Na clase de ximnasia, os alumnos están a exercitarse por unha carreira. Cando empeza a carreira o clon de William non se move para correr, e ao dicir un comentario parvo a Sissi, Yumi dille que ela e William son noivos para defendelo, o que provoca a Sissi, quen empeza a sospeitar por cousas raras.

Na cafetaría os Guerreiros de Lyoko falan sobre o problema que se dá no clon de William por actuar como un estúpido, Jeremie explica que lle será moi complicado e case imposible facer que se comporte como debe ser. Deciden probar algo, e Odd propón a Jeremie de levar a Kiwi a Lyoko, pero este responde que mellor non levalo. Aelita, Jeremie e Odd diríxense á fábrica, onde se atopan unhas pegadas de rodas porque uns motoristas estiveron alí. Odd leva a Kiwi na mochila secretamente…

Sissi entra na habitación de William para saber da súa situación, pero Yumi chega e saca ao seu “noivo” a pasear. Na fábrica, ante a negativa de Jeremie de levar ao seu can a Lyoko, Odd méteo ás agachadas nun escáner xunto a el baixo a súa camiseta e virtualízase de maneira normal. No sector do deserto, Kiwi non aparece. Mentres Aelita entra á torre, Odd empeza a comportarse como un can e non consegue facer ben os seus movementos normais nin controlar ben o seu Overboard. Mentres iso pasa, Yumi e o clon de William tentan escapar da custodia de Sissi.

Unha vez terminada a misión de Jeremie, Odd sente que as súas pernas se volveron como patas. En Kadic, Jim busca o seu reloxo, entón Odd busca como un can e atópao. Cando regresa á súa habitación, Odd actua como un can e revela a verdade. Yumi e o clon de William chegan ao colexio, pero Jeremie a chama para advertirlle de que hai un problema, Kiwi foi absorvido por Odd na virtualización, e ordénalle seguir paseando co clon de William mentres o resto do grupo diríxese á fábrica. Ao chegar atópase cun grupo de motoristas, que non lles deixan pasar, e Odd arránxallas pada facer que os seus compañeiros entren á fábrica e escapar deles.

Aelita, Odd e Ulrich van a Lyoko, Jeremie empeza o proceso para separar a Kiwi de Odd para que a secuencia de ADN volva ao seu estado orixinal. Actívase unha torre no sector do xeo, que está custodiada por tres tarántulas e William-XANA. Aelita e Ulrich van cara alí, mentres Odd queda, pero máis tarde aparecen tres bloques, dos que o mozo tenta escapar. Yumi e William seguen sendo seguidos ás agachadas por Sissi, entón Jeremie usa o sintetizador de voz, imitando ao sr. Delmas e ordénalle a Sissi que volva a Kadic. Yumi aproveita que se desfixo de Sissi para ir á fábrica.

Ulrich destrúe a dous das tarántulas, entón William-XANA empeza a perseguir a Aelita. Yumi chega á fábrica pero non pode ir a ascensor por que os motoristas foron posuídos por XANA. En Lyoko, Ulrich detén a William-XANA e salva á súa compañeira, pero é desvirtualizado. Yumi segue sendo perseguida polos motoristas, mentres Jeremie avanza co programa. Nas montañas Odd desfaise dos bloques e diríxese ao sector do xeo.

Ulrich vaise a buscar a Yumi. En Lyoko, William-XANA lanza unha onda de enerxía coa espada e tira a Aelita ao Mar dixital, pero ela saca as ás. Odd atopa a William-XANA, loita contra el e distráeo para que Aelita entre á torre. A secuencia de ADN de Odd volve á normalidade xusto antes de que William-XANA o desvirtualizara, Aelita desactiva a torre e Yumi é salvada. Odd sae do escárner separado de Kiwi. Os motoristas desposuídos espértanse na entrada da fábrica, e atopan a Kiwi con pasta de dentes na boca coma se tivese a rabia, e entón foxen.

En Kadic, Odd volve propor de que Kiwi vaia a Lyoko porque fan un bo equipo, e vólvenllo a negar. Entón aparece Sissi, e Yumi dille que cortou con William e estará raro nunha boa tempada porque llo tomou mal.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
79: Dereito de gabar 80: Vida de can 81: Falta de boa vontade
Advertisement