Wiki Código Lyoko
Advertisement
Suor fría
Lyoko92
Título orixinal (francés) Sueurs froides
Título en inglés Cold Sweat
Nº de episodio total 92
Tempada 4
Episodio na tempada 4x27
Data de lanzamento orixinal 3 de novembro do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Mala cobertura
seguinte
Regreso á Terra

Suor fría é o episodio 27 da tempada 4 e o episódio 92 da serie Código Lyoko. Estreouse o 3 de novembro do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza con Yumi e Hiroki camiñando cara a Kadic, e Hiroki está a facerlle preguntas estúpidas á súa irmá. Na academia, Milly e Tamiya están a repartir o xornal escolar, e aparece unha foto de Yumi cun vestido rosa. Milly non quere revelar quen lle deu a foto, e Tamiya di que é un dos seus amigos e que está na sala de xogos.

Odd é o que lle puxo a foto pero pídelle a Ulrich que se culpe a si mesmo para que Yumi non descubra a verdade, Ulrich acepta. Entón vén Yumi a preguntarlle a Odd sobre a foto, mentres Sissi ri do vestido que sae na foto. Entón Ulrich decide dicirlle a Yumi que foi el, e ela dille que non lle volva a falar. Fóra, Jeremie e Aelita comunican a Yumi que descubriron unha nova Réplica e disponse a ir á fábrica logo das clases.

Pola noite o Skidbladnir entra na Réplica, unha copia do sector do xeo, e amarran o Skid. A supercomputadora que cotrola esa Réplica está nunha base de intelixencia que se atopa en Siberia, no cal son teletransportados Odd e Yumi. Mentres entran, XANA activa unha torre. O ataque consiste en teletransportar a William-XANA á base. Aelita e Ulrich van de camiño a desactivar a torre, e Jeremie virtualiza os vehículos para ir máis rápido.

En Siberia, Odd e Yumi loitan contra William-XANA e logo foxen, pero este bloquea a porta. Jeremie desbloquéaa e cando saíron Odd lanza unha frecha láser para que William-XANA non lles siga. Na Réplica, XANA envía un megatanque (que pronto é destruído) e dous tarántulas.

En Siberia, William-XANA rompe a porta e empeza a perseguir a Odd e Yumi, que se esconden nunha habitación. Alí atopan a unhas incuvadoras con cerebros e dispositivos. Na Réplica, Aelita entra na torre. Antes de desactivala, ten a idea de enviarlle a Jeremie os programas que usa XANA para controlalo e tentar recuperar a William, xa que está a ser usada para teletransportar a William desde a Réplica, e cando a desactivan, William-XANA volve á Réplica.

En Siberia, Jeremie conduce a Yumi e Odd á sala da supercomputadora, mentres Yumi segue pensando en Ulrich e a foto. Na Réplica, William-XANA tenta entrar á torre para pór o código: XANA, pero despois dunha breve loita, Aelita o desvirtualiza. Nese momento XANA empeza a reunir enerxía de todas as Réplicas. Os Guerreiros de Lyoko non saben que está a pasar, cando toda a Réplica do xeo empeza a tremer. Resulta que XANA creou un monstro xigante para que destruíse o Skid, e desvirtualiza a Aelita e Ulrich.

Entón Jeremie fai regresar a Yumi e Odd á Réplica para que non queden virtualizados para sempre. e escapan de alí antes que o monstro destrúa o Skid. Despois, unha vez regresan á fábrica, deciden que nomee poranlle. Odd ponlle ao monstro de nome “O Koloso”, con K. Na ponte, Yumi pide a Ulrich de falar un momento, e cando el íalle a dicir a verdade ela dille ao rapaz que o fixo para que pensase máis nel, e se se pelexaban logo estaría a pensar todo o intre nel, e dálle un bico na fronte de Ulrich.

Cando Yumi chega á súa casa, Odd dille a verdade, e Yumi enfádase cos dous. Á mañá seguinte, Milly e Tamiya sacan unha noticia dunha foto de Odd e Ulrich acabados de saír da ducha que lles deu Yumi. O episodio termina con Ulrich perseguindo a Odd por dicirlle a verdade a Yumi, aínda que foi el quen lle obrigou que llo dixese.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
91: Mala cobertura 92: Suor fría 93: Regreso á Terra
Advertisement