Fandom

Wiki Código Lyoko

Sen códigos

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Sen códigos
Lyoko110.jpg
Título orixinal (francés) Les sans-codes
Título en inglés The Codeless
Nº de episodio total 110
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x15
Data de lanzamento orixinal 6 de abril do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Intruso
seguinte
Confusión

Sen códigos é o episodio 15 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 110 en total de Código Lyoko. Estreouse o 6 de abril do 2013 en Francia.

Argumento

No bosque aparece un clon polimórfico vestido como un xogador de fútbol americano. Odd está a correr por exercicio, Jeremie chámao e avísalle que hai unha torre activada. Ulrich e Aelita xa están no sector das montañas, Odd diríxese á fábrica pero o clon o atrapa, el corre pero ao crer perderlle grazas a Jim, o clon aparece por detrás por sorpresa e atrápao.

Logo de destruír aos cangrexos, Aelita e Ulrich notan que a torre se desactivou soa. Odd está solto dicindo que o clon desapareceu. Máis tarde Jeremie revisa os códigos e descobren que Odd perdeunos todos e XANA obtivo o 85% do seu poder, é por iso que parou o ataque, Odd xa non pode desactivar torres. Odd moléstase crendo que foi pilado como a un novato e que é un inútil e retírase.

Na cafetaría, o equipo discute se hai noticias de Odd, nun momento Yumi recibe unha mensaxe e é Odd que di que vaian ao ximnasio. Entran e non atopan a Odd, de súpeto cáelles unha rede. Era Odd que deseñara un pequeno truco para ensinarlles que son presas fáciles e que os que non teñen códigos (Jeremie, William e el) deberán protexer aos que si os teñen ao ser os próximos obxectivos de XANA. Quérelles mostrar algo (pero William retírase), é un armario onde poden esconderse para que os espectros non os toquen.

Cando XANA ataca e se un “con códigos” non está en Lyoko estarán alli coa protección dun “sen códigos”. Jeremie detecta que XANA volveu a lanzar outro ataque, Aelita e Ulrich non poden volver, Yumi vai a por William e Jeremie vai ao laboratorio, Odd mete a Aelita e Ulrich no armario e cóidaos.

Yumi avisa a William e como el non quere traballar con ela fan unha tregua. Jeremie virtualízaos ao sector do deserto, e dálles o Overwing. Yumi pregúntalle algo a William: un día quere desesperadamente estar co grupo e ao outro día ignóraos. Odd pregunta a Jeremie cal é o aspecto do espectro, el descríbeo e resulta ser o mesmo de antes.

En Lyoko, unhas cascudas atacan, William e Yumi véncenos facilmente logo foxen duns cangrexos. No ximnasio, Ulrich desespérase de tanto esperar, o espectro aparece e entra facilmente por poder atravesar paredes, Odd sosteno e Aelita e Ulrich escapan. Odd advírtelles a Jeremie o do fracaso do seu plan, o xenio dálles présa a Yumi e William para desactivar a torre. Eles fan unha estratexia e destrúen aos cangrexos.

Jeremie dille a Odd que xa están preto da torre e dálle ánimo para que non senta como un inútil. Yumi e William atópanse cun clon de William, que parece hipnotizar ao verdadeiro. Yumi enfróntao, pero William-XANA golpéaa e perde a metade dos seus puntos. Jeremie advirte a Odd que non poderán desactivar a torre por agora.

William-XANA dá un discurso dicindo que William parece sentirse traizoado, enganado e manipulado. Aelita e Ulrich segue correndo. Yumi trata de facer que William non escoite ao seu clon que está a tentar enganalo. Odd tenta atopar aos seus amigos, pero Jim aparece para falar con el, pero escápase.

Mentres persegue ao clon, Odd lembra algo que lle dixo Jim, de súpeto o clon paralízase por un momento e volve correr empuxando ao rapa. Chama a Jeremie e dille que os espectros se debilitan cando escoitan os altofalantes, isto significa que as ondas electromagnéticas debilitan a súa estrutura molecular.

Os Williams perseguen a Yumi, Aelita e Ulrich non conseguen escapar e o clon atópaos, Odd empeza a cantar a traves da campaña, o clon paralízase. En Lyoko, Yumi é acurralada, pero entón o verdadeiro William ataca ao seu clon e Yumi escapa. Prodúcese unha pelexa e William destrúe ao clon cunha onda de choque. Yumi entra á torre e desactívaa antes de que o clon toque a Ulrich e Aelita.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
109: Intruso 110: Sen códigos 111: Confusión

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou