Fandom

Wiki Código Lyoko

Señora Einstein

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar
Señora Einstein
Lyoko99.jpg
Título orixinal (francés) Madame Einstein
Título en inglés Miss Einstein
Nº de episodio total 99
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x4
Data de lanzamento orixinal 19 de xaneiro do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Espectromanía
seguinte
Rivalidade

Señora Einstein é o episodio 4 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 99 en total de Código Lyoko. Estreouse o 19 de xaneiro do 2013 en Francia.

Argumento

En Kadic chega unha nova alumna que se chama Laura Gauthier, e agarraches á súa primeira clase coa señora Hertz. Cando Jeremie ten un fallo de memoria cando fai un cálculo na lousa, Laura toma o seu lugar e resolve o problema facilmente.

Jeremie quéixase do seu fracaso e dilles aos Guerreiros de Lyoko que creou un novo vehículo para viaxar por Cortex que evitará todo perigo que implique viaxar por esa Réplica. Pero Laura está interesada en Jeremie e pregúntalles ao grupo sobre Cortex, eles dinlle que falan dun videoxogo e engánana para escapar.

Séntanse nunha mesa e falan da viaxe a Cortex. Máis tarde, estando no patio de Kadic, volve aparecer Laura e saúda a Jeremie. Nótase que Aelita ten celos de Laura. Logo vanse á fábrica, e Jeremie virtualiza primeiro a Aelita e Odd e logo a Ulrich e Yumi ao sector 5 para coller o Skid.

Mentres que o grupo está ao Mar dixital en camiño a Cortex, Laura atópase con William e fala con el, e cando se vai decide seguilo. William diríxese cara á fábrica, e Laura ségueo sen que o saiba.

Os Guerreiros de Lyoko no Skid entran á Replika de Cortex e desembarcan. Jeremie móstralles o Megapod, o novo vehículo, e despois dunhas explicacións Yumi é asignada piloto.

A Odd gustaríalle pilotar el, e enfádase porque non o fai. Montan no Megapod parecido a como o fan no Skid, e cando empezan a circular o chan cambia, pero co Megapod poden saltar. Odd segue discutindo.

William chega á fábrica, e alí está Laura. William baixa polo ascensor, e Jeremie atópallo e ponse a discutir. William enfádase porque os seus compañeiros aínda non confían o el.

Ao final William vaise, e Laura veo saír escondida e pensa un un modo de entrar. En Cortex, o Megapod queda atascado nunha greta, e uns cangrexos aparecen para destruír o vehiculo.

Odd, Ulrich e Aelita fanlles fronte, e Yumi queda no Megapod. Mentres tanto, a supercomputadora ten un fallo, e entón Laura entra ao laboratorio.

En Cortex, a greta ábrese e o Megapod cae con Yumi cara ao Mar dixital, pero dúas plataformas aguántano. Entón Aelita baixa, e cunha nova técnica de escudo co campo de enerxía protexe o Megapod dos tiros dos cangrexos, algo parecido ao escudo de Odd. Pero Aelita é desvirtualizada.

No laboratorio, Laura está a axudar coa supercomputadora. Odd e Ulrich son desvirtualizados. Laura axuda a Jeremie a resolver o fallo e conseguen materializar a Yumi, antes de que o Megapod caia ao Mar dixital.

Ao final os Guerreiros de Lyoko deciden se Laura únese ou non, pero Aelita non está de acordo e ela mesma lanza un regreso ao pasado facendo que a loura esquecer todo.

De regreso ao colexio, a señora Hertz fai unha pregunta e Laura levanta a man. Aelita di a Jeremie que levante a man el, e a señora Hertz faille responder, a contragusto de Laura.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
98: Espectromanía 99: Señora Einstein 100: Rivalidade

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou