Fandom

Wiki Código Lyoko

Rutina

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Rutina
Lyoko22.jpg
Título orixinal (francés) Routine
Título en inglés Routine
Nº de episodio total 22
Tempada 1
Episodio na tempada 1x22
Data de lanzamento orixinal 28 de xaneiro do 2004
Data de lanzamento (Galicia) 1 de setembro do 2007
Tipo de episodio Ataques de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Zona de gravidade cero
seguinte
Ataque subterráneo

Rutina é o episodio 22 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 28 de xaneiro do 2004 en Francia e o 1 de setembro do 2007 en Galicia.

Argumento

O episodio empeza cos Guerreiros de Lyoko loitando contra uns monstros de XANA no sector do bosque. Están a loitar contra megatanques e bloques. Odd destrúe un megatanque cunha frecha láser. Ao final arránxanllas para conseguir con seguridade que Aelita vaia á torre. Jeremie activa un regreso ao pasado.

Os Guerreiros de Lyoko están no patio, e acaban de saír dunha clase coa señora Hertz. Sissi vén pedir cousas a Ulrich, pero eles xa saben o que dirá e Sissi, estrañada, vaise. Máis tarde, Ulrich propón ir dar unha volta por Boulogne-Billancourt, e pide ir con Yumi, pero ninguén quere (Jeremie quere traballar en materializar a Aelita) e vanse aos dormitorios.

Ulrich di a Odd se non se dá conta que todos os días son iguais, e Odd só di unha chea de desgrazas que lle pasaron como pelexarse con Noémie N’Guyen. Ulrich di a Odd que está farto polo de ir a Lyoko e logo ao cole todos os días, e abrigo pola situación con Yumi, pero Odd queda durmido.

Ulrich cre que Yumi non ten sentimentos por el e pensa nel como un amigo. Ulrich vai ás duchas e cando se dirixe á súa habitación ao terminar, atópase con Émilie LeDuc no seu dormitorio. Ela pregúntalle se sabía onde estaba Jim. Ulrich di que non e ela afástase, facendo un aspecto estraño. Ulrich cre que Émilie podería sentir “algo por el”. Entón aparece Jim, e dille a Ulrich que se é sonámbulo. El dille que Émilie estaba a buscalo. Esa noite, a supercomputadora ábrese só…

Á mañá seguinte, Yumi camiña até Kadic, e de inmediato ve a Ulrich ríndose e falando con Émilie. Yumi ponse moi celosa, pero ela tenta, sen éxito, ocultar os seus sentimentos. Sen querer di que Ulrich é o seu noivo, e logo rapidamente corrixe en que é o seu mellor amigo. Mentres Yumi está enfadada, Nicolas e Hervé tentan coller refrescos da máquina, e estrágase. Sissi tamén ten celos por estar Ulrich con Émilie, e ela di a Yumi que eles dous levan dous meses xuntos.

XANA ataca, e Aelita contacta con Jeremie. Yumi decide ir advertir a Ulrich, pero veo outra vez con Émilie. Métense nunha discusión grande, e Yumi termina acabando mal. Ulrich vaise con Émilie e di a Yumi que xa irá, mentres ela vaise á fábrica. Mentres tanto, Jeremie pregúntase cal deles quere ir a Lyoko para asegurarse de que todo está ben, pero non hai ningún voluntario. Entón Jeremie fártase e ordénalles ir a todos eles.

Cando van a Lyoko, ao sector do deserto, Jeremie atopa un erro no programa de materialización no último minuto. Mentres que Aelita está na torre, unha solitaria cascuda ataca a Odd. El é golpeado, e Jeremie descobre que XANA tocou o programa da devirtualización, e advírtelles que vaian extremadamente coidadosos. Logo van desactivar a torre.

Jeremie vai á sala de escáneres a ver que pasa, e queda encerrado alí por XANA. El decide baixar á sala da supercomputadora cunha corda e atado desde arriba, xa que a única solución é traballar directamente desde a supercomputadora; unha vez que chega, empeza a substituír os cartóns que XANA descompuxo, pero cando toma a última, XANA o electrocuta e toma o control da corda para aparvalo subíndoo e baixándoo. Mentres tanto, Ulrich e Yumi están aínda moi enojados o un ao outro, e os efectos do estado de ánimo de todos complícase. Cando Yumi vai destruír un cangrexo, este téntaa lanzar ao Mar dixital. Jeremie é electrocutado, e agora XANA controla a corda.

Xusto cando está a piques de caer Yumi, Ulrich agarra a man no último minuto, salvándoa. Aelita vai á torre para desactivala. Despois de que Ulrich detense con Yumi, ambos quedan atrapados no momento, e están a piques de bicarse cando Aelita desactiva a torre e Jeremie activa un regreso ao pasado.

Volvendo á Terra, Yumi e Ulrich están de acordo en non dicirlle a Jeremie, Aelita, e Odd acerca do que case chegou a suceder. Agora Sissi non pode enganar a Yumi, e ela e Ulrich conseguen deixar en ridículo a Sissi. Jeremie di que teñen que volver á clase da señora Hertz, e así termina o episodio.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
21: Zona de gravidade cero 22: Rutina 23: Ataque subterráneo

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou