Fandom

Wiki Código Lyoko

Réplica (episodio)

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Réplica
Lyoko73.jpg
Título orixinal (francés) Réplika
Título en inglés Replika
Nº de episodio total 73
Tempada 4
Episodio na tempada 4x8
Data de lanzamento orixinal 21 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Curso intensivo
seguinte
Prefiro non falar sobre isto

Réplica é o episodio 8 da tempada 4 e o episódio 73 da serie Código Lyoko. Estreouse o 21 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza pola noite, Odd está a xogar a un videoxogo e Ulrich espértase. Son as 4 da mañá, e Odd non dorme en toda a noite.

Pola mañá Odd ten soño, e pide a Aelita que lle escuse, e Aelita faio. Na clase de Jim, Aelita di que Odd está enfermo e está na enfermaría. Mentres tanto, Nicolas pídelle a Noémie N’Guyen compartir con el unha experiencia á luz da lúa, e ela di que se está tolo. Jim fai unha proba, salta e cáese, e acaba na enfermaría. Pregunta a Yolande Perraudin onde está Odd, e ela di que non estivo en todo o día alí. Entón Jim e o sr. Delmas van á habitació de Odd, que aínda está a durmir, e castigan a el e a Aelita por mentir.

Daquela os Guerreiros de Lyoko decide viaxar á Réplica de XANA que atoparon no Mar dixital. Mentres tanto, Aelita e Odd peléxanse cando o desexo de Odd a durmir conséguelles problemas aos dous. Nicolas di o de compartir con el unha experiencia á luz da lúa a Aelita, e ela acepta para deixar mal a Odd. No comedor, Nicolas volve, pero Aelita di que non pode, e entón pídello a Hervé, que é o único que acepta. O que fai Nicolas é ir pescar ao río Sena. Entón ven a Aelita e Odd entrar na fábrica, e séguenos.

Collen o Skid, e van ao Mar dixital. Cruzan un buraco de verme virtual para ir máis rápido, e chegan á Réplica. Atopan que está pechada, Aelita activa unha chave dixital desde o Skid e Jeremie abre a Réplica. Mintas tanto, Nicolas e Hervé baixan pola corda, e Hervé confesa que non quere morrer e que está namorado de Sissi.

Cando entran, atopan que é unha copia de Lyoko cun só sector, o bosque. Jeremie ve polas cámaras a Nicolas e Hervé, e non ten máis remedio que distraelos, porque non pode activar un regreso ao pasado.

Na Réplica de Lyoko, William-XANA e un par de megatanques tentan destruír o Skidbladnir, a destrución do que reduciría o grupo fose da supercomputadora. Odd e Aelita néganse a traballar xuntos cando chegan por primeira vez, pero finalmente resolven as súas diferenzas e derrotan a William-XANA.

Na fábrica, Jeremie conxectura que outra supercomputadora ten o control da Réplica, e co fin de desfacerse del terá que atopar unha maneira de materializar aos seus amigos na localización da supercomputadora. E rapidamente chama ao ascensor e arránxallas para entrar e bloquealo antes de que Nicolas e Hervé puidesen conseguir collelo.

No laboratorio, Jeremie explica que Hervé e Nicolas só viran Aelita e Odd e foron en busca deles, despois, Odd idea un plan e pídelle a Jeremie que desvirtualice a Aelita o máis pronto posible e que teña unha mente aberta.

Jeremie retransmite a mensaxe a Aelita, Yumi e Ulrich, e o mozo samurai desvirtualiza a Aelita. Cando Aelita pregunta sobre o Skid, Jeremie elixe a Yumi para pilotalo de novo a Lyoko.

Uns momentos despois, sobe ao ascensor e Hervé e Nicolas están a esperar, cando se abre o ascensor, Hervé e Nicolas sorpréndense ao ver a Odd e Aelita, bicándose. De inmediato cóntanllo a Sissi.

Á mañá seguinte, Sissi estaba a escoitar a Hervé e Nicolas sobre o de Odd e Aelita, dixo que era a historia máis parva que ouvira desde o da perruca de Gustave Chardin. Odd e Aelita empézanse a pelexar, provocando que Sissi pegue unha labazada a Hervé por contar un conto falso. Odd e Aelita cren que non habería rumores ridículos e Odd dille que el non cría que puxera o seu corazón na discusión, ela golpéao de broma no brazo e empezan a correr os dous ríndose.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
72: Curso intensivo 73: Réplica 74: Prefiro non falar sobre isto

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou