Fandom

Wiki Código Lyoko

Primeira viaxe

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Primeira viaxe
Lyoko71.jpg
Título orixinal (francés) Premier voyage
Título en inglés Maiden Voyage
Nº de episodio total 71
Tempada 4
Episodio na tempada 4x6
Data de lanzamento orixinal 17 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Skidbladnir
seguinte
Curso intensivo

Primeira viaxe é o episodio 6 da tempada 4 e o episódio 71 da serie Código Lyoko. Estreouse o 17 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza con Jim, como sempre, tratando de dicir para que serve a escalada. Jeremie é elixido para ser o primeiro, pero cae. e vaise avergoñado. Odd é o segundo. Aelita trata de consolalo. No comedor, empézaa unha conversación sobre o Skidbladnir e probalo. Os Guerreiros de Lyoko insisten en facelo pronto. Pero as clases da tarde cancélanse, reemplazádose por un exercicio dun simulacro de incendio cos bombeiros. Jeremie propón aproveitas iso para ir a Lyoko.

Na fábrica todo parece operativo, despois dunha explicación, Jeremie virtualiza aos Guerreiros de Lyoko. No sector 5, chegan ao garaxe do Skid. Collen o ascensor, e soben a unhas plataformas que os teletransporta a dentro do submarino. Aelita está no piloto, e os outros tres Guerreiros de Lyoko están en mini-submarinos unidos ao Skidbladnir: Os NavSkids. “Para ti, papá…” son as palabras pronunciadas por Aelita antes de que termine de activar as funcións do Skid e saen do garaxe polo polo norte, e logo saen do sector 5 até o sector do deserto. Jeremie espera e pídelles que volvan. Os virtualizados insisten en que queren mergullarse no Mar dixital, Jeremie protesta un pouco pero ao final acepta e dálles 5 minutos.

O Mar dixital é un océano enorme e azul. Hai bases de datos de auga unidos a un teito de cristal que dá a impresión dunha cidade ao revés. Hai múltiples tubos de conexión entre estas bases. Todos admiran o ocáano. De súpeto prodúcese un erro: o sistema de navegación completamente desconéctase e Jeremie perde todo rastro do Skid. A situación é máis dramática do que parece: non poden volver a Lyoko sen ser guiados e cando o Skid perda toda a súa enerxía, se desintegrarán e serán virtualizados para sempre! Ten programas para recuperar o control, pero na súa habitación.

Jeremie regresa a Kadic e atópase con Jim. Isto impide o acceso a Jeremie aos edificios: o día do simulacro está en marcha. Escóndese do sr. Delmas e logo Jeremie consegue entrar en Kadic. Por desgraza, os profesores están en todas partes e preto da súa habitación, Jeremie ten unha soa opción: ir polo teito! Empeza unha escalada para chegar á súa habitación. Case cae, pero consegue entrar outra vez no edificio sen ser visto polos profesores.

Mentres tanto, o Skid non permanece quieto e continúa explorando. De súpeto, o Mar dixital vólvese vermello. Os Guerreiros de Lyoko achéganse perigosamente ao que pensan que é Lyoko, pero pronto se dan conta do seu erro: trátase dun mundo virtual, aínda que máis pequeno que Lyoko e creado por XANA: unha Réplica. Aelita afástase, pero os Guerreiros de Lyoko atopan uns novos inimigos: as anguías. Eles foxen.

Jeremie regresa á fábrica e instala o CD. Con todo, o antivirus para o Skid tomará tempo e eles teñen que facer fronte todo este tempo ás anguías. Entón os NavSkids se desacoplan do Skidbladnir e loitan contra as anguías cara a cara. Fano moi ben, Odd chega mesmo a destruír un dos peixes dixitais con torpedos. O sistema de navegación é reparado, e os NavSkids volven unirse á nave ama de cría. Aelita foxe con propulsión máxima: as anguías vanse cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha, vendo a fuga do Skid baixa a auga a unha velocidade que non poden igualar. Os Guerreiros de Lyoko regresan a Lyoko.

No laboratorio, os Guerreiros de Lyoko falan do que viron no Mar dixital. Entón Ulrich di que teñen que ir explorar a esfera que viron, e entón Jeremie di que o único que quere explorar é a súa cama. Odd búrlase dicindo que el estivo alí sentado mentres eles estaban no Mar dixital. Entón Jeremie di que se lles contase o que fixo mentres eles estaban en Lyoko, non lle crerían. Entón Odd di “A ver se o adiviño: fixeches escalada polo tellado do colexio?”, e Jeremie responde que como o sabía. Todos quedan sorprendidos pero despois empézanse a reir, e dinlle a Jeremie que cando quere é a monda.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
70: Skidbladnir 71: Primeira viaxe 72: Curso intensivo

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou