Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Perdida no fondo do mar
Lyoko77
Título orixinal (francés) Torpilles virtuelles
Título en inglés Lost at Sea
Nº de episodio total 77
Tempada 4
Episodio na tempada 4x12
Data de lanzamento orixinal 27 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
O lago
seguinte
O laboratorio

Perdida no fondo do mar é o episodio 12 da tempada 4 e o episódio 77 da serie Código Lyoko. Estreouse o 27 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio comeza con Ulrich e Odd camiñando até atoparse con Aelita, Jeremie dá unha noticia de que estivo traballando nun porgrama do Skid para recuperar a William, pero chega Hiroki que quere falar con Ulrich.

Hiroki dille a Ulrich que a el lle gusta Milly, Ulrich dille que fale con ela sobre cousas que teñan en común que lle gusten. Hiroki ocórreselle unha idea de atopar unha noticia e sae correndo sen dicir nada, Ulrich móstrase sospeitoso.

Cando Yumi está a recoller unha bebida, Hiroki ás agachadas saca o diario da súa irmá, pero Yumi descóbreo así que o mozo tenta escaparse. Na persecución, Hiroki chócase con Odd e segue correndo. Yumi ségueo buscando.

Ulrich recolle o diario e descobre que era de Yumi, polo que tenta devolverllo. Yumi atrapa a Hiroki, pero este non ten o diario, polo que a súa irmá ordénalle buscarllo. El ponse triste, e empeza a procura.

Ulrich prepárase para entregar o diario a Yumi, pero Hiroki chega para dicirlle á súa irmá que non atopou o diario. Yumi ordénalle seguir buscando, ou se non quedarán coma se non fosen irmáns.

Ulrich decátase do que pasou e axuda a Hiroki a recuperar o diario. O pequeno atópao, pero só está a cuberta, o contido desapareceu. Yumi decátase e ponse en contra do seu irmán. Ulrich e Odd pregúntanse polo que pasou e máis tarde diríxense á fábrica, pola misión que teñen os Guerreiros de Lyoko.

Unha vez no Mar dixital, Jeremie inicia o programa, pero non funciona, polo que deciden cancelar a misión, antes de saír, unhas anguías empezan a atacar, os mozos destrúenos sen dificultade pero Yumi non está por ningún lado, desapareceu e Jeremie non a pode localizar.

Jeremie e Aelita quedan na fábrica para tentar atopar á súa amiga e reparar un problema co sónar. No Mar, o NavSkid de Yumi está a flotar, e no seu interior, Yumi pide axuda mentres observa que a súa enerxía se está esgotando. No parque Ulrich e Odd esperan nunha árbore, Kiwi saca da terra unhas follas e dállas a Odd, este pensa que Kiwi debeu velo escondendo o diario e pensou que era un xogo.

Yumi case queda sen enerxía, unha anguía aparece e atácaa, Yumi reduce os seus escudos para dar a suficiente enerxía coa que destruír á anguía. A explosión da destrución da anguía é detectada por Jeremie e Aelita, quen atopan a localización da súa amiga, chaman rapidamente a Ulrich e Odd para que vaian á fábrica.

Yumi tenta escapar doutra anguía que a detén e de súpeto aparece William-XANA no seu novo NavSkid chamado Rorkal, el dispara para acabar con Yumi, pero o Skidbladnir aparece detendo os torpedos, Ulrich e Odd acaban coa anguía e con William-XANA. Jeremie anuncia que todos volven a casa, pero Aelita non está satisfeita porque William non está con eles. Yumi volve á súa habitación, atopando as follas do seu diario, pensando que era Hiroki quen os atopou, e perdoa ao seu irmán. Ulrich aparece fóra da casa retirándose cun sorriso.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
76: O lago 77: Perdida no fondo do mar 78: O laboratorio
Advertisement