Fandom

Wiki Código Lyoko

Obstinación

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Obstinación
Lyoko113.jpg
Título orixinal (francés) Obstination
Título en inglés Obstinacy
Nº de episodio total 113
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x18
Data de lanzamento orixinal 27 de abril do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Unha carreira profesional asegurada
seguinte
Trampa

Obstinación é o episodio 18 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 113 en total de Código Lyoko. Estreouse o 27 de abril do 2013 en Francia.

Argumento

Aelita está a camiñar por un corredor escuro, a súa nai aparece e tenta abrazala, pero todo era un soño. Logo de lavarse asómase na habitación de Jeremie, pero ao ver a Laura alí tamén se retira sen que Jeremie se de conta, Laura méntelle ao dicir que ninguén tirou a porta.

Máis tarde na cafetaría, Odd menciona que deixou a Kiwi coas súas irmás. Yumi nota que algo lle sucede a Aelita, esta só di que tivo un par de pesadelos e que non llo dixo a Jeremie por estar ocupado ultimamente, abrigo co virus, Jeremie menciona que el e Laura terminárono esa mañá, podíano inxectar no núcleo de Cortex logo dunha semana e despois, adeus XANA.

Aelita quere facelo dunha vez, Laura agrega que crearon un programa de antidetección para que Tyron non se decate, e que hai que comprobalo antes de executar o virus, Aelita pregúntase que ten de malo que se decate, Ulrich di que cando se decate, a tarefa terminaría. Jeremie decide facer a comprobación esa tarde despues de clases.

Na clase de educación física, Jim insignia en salto de altura, Odd dille algo a Ulrich, pero Jim ordénalle a Ulrich a demostrar as súas habilidades, el faio pero magóase un nocello, Jim dille que fallou na concentración e precisión, ordénalle a Odd que o axude, Ulrich pregunta como irá a Cortex, Odd recibe dúas horas de castigo na tarde por ofender a Jim diciendolo gordo.

No patio, Odd laméntase de cometer un erro, Jeremie pensa en cancelar a misión e facelo outro día, Aelita di que non é necesario por cumprirse misións con só tres membros e quere facelo o máis pronto posible, Yumi agrega que se non sae como o planearon, farano outro día, Jeremie ponse de acordo.

Na fábrica, Jeremie virtualiza a Yumi, Aelita e William ao sector 5, e diríxense cara a onde está o Skid. William di cousas com a súa omptimismo, ata que no camiño aparecen nin máis nin menos que dúas mantas, o que demostra que XANA gañou poder.

As mantas resultan ser moi rápidas no Mar dixital, polo que se lles fai difícil de disparar para William e Yumi, despois de moito esforzo Aelita golpea a unha delas coa punta do Skid e Yumi destrúea, a outra manta persegue a Yumi e William destrúea.

Entran a Cortex e ao saír do Skid, William volve dicir algo máis e é desvirtualizado por un bloque dun só disparo. Yumi destrúeo e pregunta se a misión cancélase, Aelita decide que se continúe e pídelle a Jeremie que lle envie o Megapod. Laura dille a Jeremie que deixe que continúe que cando se virtualice darase conta do obstinante que foi.

Jeremie envía o Megapod e as mozas diríxense ao núcleo. En Kadic, o castigo de Odd terminou e decide ir con Ulrich á fábrica. Yumi e Aelita seguen o seu camiño e cando case chegan ao núcleo, descobren que tres cangrexos están a bloquear a entrada, Yumi pensa que non terán oportunidade por ser só dúas, pero Aelita insiste en continuar.

Logo dunha discusión deciden continuar, Aelita sae do Megapod, e Yumi condúceo de fronte aos cangrexos e accelera cara a eles, atropélaos e Jeremie desvirtualiza a Yumi antes de que caia ao Mar dixital co Megapod e os cangrexos.

Aelita entra ao núcleo e chega á interfaz, Jeremie lanza o sistema de antidetección a ver se funciona, o envia, Aelita activa algo e aparece unhas pantallas na interfaz. Aelita asegura que non se activou a alarma e parece que funciona, Jeremie empeza a transferir os datos. Odd e Ulrich chegan, Jeremie termina de extraer os datos e na interfaz Aelita logra ver a Tyron, desde unha cámara web, o cal non é bo porque Tyron poderaa ver.

Empeza a ingresar os códigos, ao facelo ve á súa nai no laboratorio con Tyron, os Guerreiros de Lyoko sorpréndense porque Aelita nunca lles falou dela, Jeremie detén a transferencia de datos, Tyron descobre que alguén está a velo na cámara web e apágaa.

Laura pregunta por que non poden inxectar o virus. Yumi respóndelle que é a única via de contacto con ela e que poderían descifrar que fai no laboratorio de Tyron, agora teñen outro misterio que resolver e así non poden destruír a supercomputadora.

Jeremie suxire a Aelita que ten que saír de Cortex, pero ela insiste en continuar, entón uns Ninjas empezan a aparecer, Jeremie dille a Aelita que as cousas cambiaron e que aínda non poden destruír a supercomputadora, materialízaa antes de ser desvirtualizada por un Ninja.

Aelita regresa ao laboratorio e Jeremie explica que sabe que o maior desexo de Aelita é volver ver á súa nai polo que se se destrúe a supercomputadora non a poderá volver ver, pero aínda queda tempo para que XANA non poida obter o 100% do seu poder, se alcanza o 95% lanzará o virus. Aelita está de acordo.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
112: Unha carreira profesional asegurada 113: Obstinación 114: Trampa

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou