Fandom

Wiki Código Lyoko

O laboratorio

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

O laboratorio
Lyoko78.jpg
Título orixinal (francés) Expérience
Título en inglés Lab Rat
Nº de episodio total 78
Tempada 4
Episodio na tempada 4x13
Data de lanzamento orixinal 28 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Perdida no fondo do mar
seguinte
Dereito de gabar

O laboratorio é o episodio 13 da tempada 4 e o episódio 78 da serie Código Lyoko. Estreouse o 28 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio comeza con que Jeremie atopou a forma de materializar aos seus compañeiros á o lugar da supercomputadora que controla unha Réplica, o teletransporte, e di que farán unha proba esa noite. Ulrich téntalle dicir algo a Yumi, pero esta ignórao enfadada. Ulrich non entende nada.

Odd explícalle que non a felicitou nos seus aniversarios, el propón que lle dea un agasallo a Yumi para a reconciliación, pero Ulrich non pode xa que foi castigado: Jim acusoulle de tirar peixe pola xanela, e en realidade foi Odd. Entón Odd vai a unha tenda para comprar o agasallo, como recompensa por facer que castiguen a Ulrich pola súa culpa.

No camiño á fábrica, Odd dálle o agasallo a Ulrich, sen que Yumi sáibao. Unha vez no Skidbladnir, van ao Mar dixital, pasan por un buraco de verme virtual e diríxense á Réplica do bosque, á que entran. Achéganse a unha torre de paso e atracan o Skid a ela. Jeremie activa a torre para o seu uso.

Jeremie fai por primeira vez o teletransporte con Aelita e a Odd ao lugar onde está a supercomputadora. Ao principo Jeremie asústase porque non responden, pero ao final Aelita e Odd din que están no medio dunha selva, e é de día. Jeremie atopa que están en Amazonas, e Odd e Aelita aparecen coas súas vestimentas e poderes intactos de Lyoko, como espectros. Ulrich e Yumi quedan na Réplica para protexer ao Skid dalgún ataque.

Aelita e Odd atopan entre a selva o laboratorio onde está a supercomputadora da Réplica, tratan de ocultar a súa presenza, pero XANA ataca: activa unha torre na Réplica e posúe a uns científicos.

Estes descóbrenos, Aelita e Odd pelexan contra eles e escóndense nunha habitación do laboratorio. Alí danse a volta e atópanse cunhas arañas mutantes xigantescas en proceso de xestación, coas que XANA pretende atacar á Terra. Jeremie di que na Réplica están a atacar tarántulas, e Aelita e Odd din que as súas curmás están alí.

Na Réplica, Yumi e Ulrich aínda están pelexados. Entón comezan a loitar contra o tres tarántulas e contra William-XANA, que ameazan con destruír ao Skid. Jeremie virtualiza os vehículos. Despois dunha gran loita, Ulrich é desvirtualizado por William-XANA, logo este colle os abanos de Yumi e desvirtualízaos. Ela non ten máis remedio que evitar a espada de William-XANA saltando.

Odd e Aelita conseguen chegar á sala da supercomputadora, pero a porta está pechada por un contrasinal. Entón Aelita, coa súa Sintetización, fai abrir a porta. Odd quere ir rápido e dispara unha frecha láser, pero a supercomputadora que debe ser destruído está protexido por un campo de forza protector.

Na Réplica, William-XANA termina vencendo a Yumi, entra á torre onde insere o código: XANA, desenganchando ao Skid. Iso fai que Aelita e Odd, que xa habían destruído o campo de forza, non lles teña tempo de destruír a supercomputadora (por pouco) e son devoltos á nave. Os Guerreiros de Lyoko que quedan na Réplica vense obrigados a fuxir e volven a Lyoko.

Na ponte Ulrich dálle en agasallo a Yumi, pero Odd equivocouse: Odd tamén comprara un agasallo para Kiwi. El deu a Ulrich o agasallo do seu can, un óso de goma, obviamente o agasallo teno Yumi. O seu verdadeiro agasallo era un colar, que llo deu a Kiwi.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
77: Perdida no fondo do mar 78: O laboratorio 79: Dereito de gabar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou