Fandom

Wiki Código Lyoko

O espertar do guerreiro

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

O espertar do guerreiro
Lyoko105.jpg
Título orixinal (francés) Le réveil du guerrier
Título en inglés The Warrior Awakens
Nº de episodio total 105
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x10
Data de lanzamento orixinal 2 de marzo do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Como enganar a XANA
seguinte
Encontro

O espertar do guerreiro é o episodio 10 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 105 en total de Código Lyoko. Estreouse o 2 de marzo do 2013 en Francia.

Argumento

En Cortex, Ulrich está a buscar algo cando de súpeto, un Ninja aparece e desvirtualízao, pero todo resulta ser un soño, Jim o esperta xunto a Odd, dille que ten adestramento de karate nunha hora e que hai unha competición de karate esa tarde.

En Kadic, os Guerreiros de Lyoko acordan ir a Cortex, agora que saben que o modelo feito por Tyron é distinto a Lyoko. Ulrich di que non pode ir con eles pola competición.

Máis tarde, Ulrich está a practicar cun rapaz, Jim dilles que non o están facendo ben e corríxeos. Na clase de ciencias, Ulrich está distraido, Odd dille que non se preocupe polo da misión. Momentos despois, Ulrich fala con Jim e este dille que vaia ao ximnasio nunha hora.

Na fábrica, Odd e William virtualízanse e despues veñen Yumi e Aelita. No ximnasio, a competencia inicia, Jim dálle consellos ao seu equipo.

Os Guerreiros de Lyoko están no Skidbladnir no Mar dixital, discuten polo de Ulrich e chegan a Cortex. Odd volve a pilotear o Megapod, mentres Ulrich comeza o seu combate contra o seu opoñente e gana.

En Cortex, unhas tarántulas aparecen, o chan móvese e o Megapod queda varado nunha plataforma cadrada. Os rapaces enfróntanse ás tarántulas, Odd fai unha manobra que fai que caian e queden ao bordo do sector, de todos os xeitos, chegan ao núcleo.

Na competición de karate entre rapaces de diferentes escolas, Ulrich enfróntase a outro rapaz e case perde pero gaña, permitindo que o seu equipo obteña a vitoria.

En Cortex, chegan á terminal, Aelita mete o antiescudo e funciona. Un Ninja aparece e desvirtualiza a Aelita. Odd, Yumi e William, fanlle fronte pero resúltalles dificil.

En Kadic, o trofeo é para Ulrich, pero este escapou cara á fábrica. O equipo ten dificultade para vencer ao Ninja. Ulrich chega, o Ninja desvirtualiza a Odd e despois aparecen dous máis.

Sabendo que sen o Megapod, Ulrich non poderá chegar ao núcleo, este dálles Yumi e William os consellos que lle deu Jim, con iso, William e Yumi fan estratégias impredicibles, co que logran desvirtualizar a un dos Ninjas. William é desvirtualizado.

Jeremie dálle a Yumi unha nova arma: o Bo Staff, e derrota aos outros dous Ninjas. Yumi mete o cartón e termina o traballo. Conseguen un novo vídeo na que aparece o profesor Tyron con 5 persoas que visten de maneira parecida aos Ninjas, iso levanta sospeitas. Ulrich dálle as grazas a Jim polos consellos, que lle foron moi útiles e déixalle a copa de karate.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
104: Como enganar a XANA 105: O espertar do guerreiro 106: Encontro

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou