Fandom

Wiki Código Lyoko

Ninja

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Ninja.png

Un Ninja.

Os ninjas (tamén chamados RTSA, Real Time Subjective Agents) son loitadores virtuais de Código Lyoko: Evolución. Como o profesor Tyron non posúe a técnica da virtualización, é a única maneira de contrarrestar aos Guerreiros de Lyoko no mundo virtual Cortex e é posible que tamén axuden aos monstros de XANA. Este punto é discutible, xa que no episodio 106 (Confusión) XANA dá claras mostras de que non lle interesa cooperar con Tyron nin cos seus homes, ao non só destruír unha actualización de seguridade da supercomputadora de Tyron, senón tamén enviar un grupo de monstros a atacar este último, loitando contra os ninjas sen pensarllo. Isto pode significar que XANA está disposto a permanecer aloxado na supercomputadora de Tyron, se con iso logra atacar a Terra dalgún modo, pero se Tyron interfere cos seus plans, non dubidará en atacalo. Os ninjas visten traxes negros e teñen a cara enmascarada. Teñen poucos puntos de vida. Utilizan unhas espadas de cor verde. Tamén poden facerse invisibles durante un curto período e poden paralizar aos Guerreiros de Lyoko.

Na súa primeira aparición no episodio 103 (Virus) aparecen no núcleo de Cortex e desprázanse baixo o chan. No episodio 105 (O espertar do guerreiro) descóbrese que non son seres virtuais senón seres humanos virtualizados por medio duns escáneres situados no laboratorio do profesor Tyron.

No episodio 109 (Intruso) tamén aparecen en Lyoko, porque un ninja ponse na parte exterior do Skid e viaxa até o sector 5. Este ninja pon un elemento seu que despois é levado e destruído en Cortex no episodio 112 (Unha carreira profesional asegurada).

Galería

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou