Fandom

Wiki Código Lyoko

Motín

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Motín
Lyoko117.jpg
Título orixinal (francés) Mutinerie
Título en inglés Mutiny
Nº de episodio total 117
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x22
Data de lanzamento orixinal 15 de decembro do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Falsos dobres
seguinte
O día malo de Jeremie

Motín é o episodio 22 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 117 en total de Código Lyoko. Estreouse o 15 de decembro do 2013 en Francia.

Argumento

Na fábrica, Jeremie e Laura están a traballar no virus, ao final Laura termínao polo que o virus está listo e xa poden executalo cando decidan. No ascensor, Laura pregúntalle a Jeremie por que non quere executar o virus dunha vez se XANA é sumamente perigoso. Jeremie dille que se destrúe a XANA, Cortex dunha vez destruirase, e desaparecerá a esperanza de Aelita para atopar á súa nai Anthea Hopper. Laura di que é unha idea ridícula, XANA é un perigo que non debe tomarse a treo, e Jeremie di que sabe o que está a facer.

En Kadic, William atópase con Yumi e ofrécelle un libro de poesía que cre podíalle gustar, can Yumi dille que ten un exame de matemáticas para estudar e retírase. Laura aparece e dille a William que ambos son moi parecidos e pouco comprendidos, e convídalle a unirse á súa causa para destruír a XANA agora. William non di nada e asente coa cabeza.

Jim creou unha carreira de obstáculos por todo o colexio para a clase de educación física e contén o dobre da súa media de cualificacións, o que é unha mala noticia para Jeremie. Aelita dáse conta de que William non está e Yumi vese preocupada. William está nos sumidoiros cuestionando sobre a decisión de ir realizar a misión non autorizada nese momento e con só dúas persoas. Laura virtualiza a William ao sector 5 e el toma o mando do Skid.

Yumi está moi preocupada pola ausencia do seu amigo e decide ir pescudar onde está, pedíndolle Aelita que a cubra por ela. No Mar dixital, William enfróntase a tres anguías e destrúeos. Chega a Cortex e Laura tenta enviarlle o Megapod. Yumi atopa o libro de poesía no chan preto da entrada ao sumidoiro e ao ver a tapa aberta chama a Aelita e diríxese ao laboratorio.

Laura ten un problema por enviar o Megapod, nunca o fixo, aparecen catro cangrexos. William insta a Laura que se de présa xa que son demasiados para loitar pola súa conta. Un cangrexo patéao e fai que caia ao bordo, entón aparece a Scyphozoa. William avísalle a Laura que o desvirtualice, pero ela non entende a ameaza que expón a Scyphozoa. William se impacienta e tenta agarrar a súa espada que se caeu, pero un cangrexo destrúea cunha pata. Yumi chega ao laboratorio e esixe respostas, pero Laura non quere explicar, Yumi dáse conta de que William está virtualizado. En Cortex. William non consegue escapar e é poseido pola Scyphozoa que lle crava os seus tentáculos. O rapaz é rodeado por unha aura negra, aparece o Ollo de XANA na súa fronte e as partes vermellas vólvense verdes, está baixo o control de XANA.

Laura non entende o que está a pasar. Yumi explícalle dicindo que antes de que ela chegase, William foi posuído durante meses pola Scyphozoa, e decepcionada, chama aos demais. En Kadic, os outros se esconden para discutir a situación, Jeremie sinala que non só puxo en perigo a William se non tamén ao virus que acabará con XANA. Odd queda por ser o mellor en ocuparse de Jim, os outros van ao laboratorio.

Laura cre que estaba no certo non dubidando en tomar riscos. Jeremie entra e pregunta sobre o virus, Laura di que William non a tivo, non llo ía a dar ata que sexa necesario, asi que está seguro. Yumi, Ulrich e Aelita virtualízanse en Cortex, soben ao Megapod e emprenden a procura do seu amigo. Despois dun problema cunhas cascudas que se pon encima do Megapod, desfanse deles e seguen o seu camiño.

Chegan ao núcleo e ao baixar atópanse coa Scyphozoa con William conectado ós seus tentáculos e XANA dirixe a un escuadrón de cangrexos. O feito de que a Scyphozoa teña a William conectando os seus tentáculos indica que non o ten posuído completamente. Os Guerreiros de Lyoko non poden achegarse, polo que se esconden debaixo do Megapod. Ulrich suxire que tentará razoar con el mentres Yumi e Aelita distraen aos cangrexos.

Fano, William-XANA ponse a pelexar con Ulrich, cando Yumi e Aelita achéganse o suficiente, entón Aelita voa e os cangrexos cometen o erro de seguila a ela soa, Yumi aproveita e corta os tentáculos. Os monstros de XANA estalan, William volve á normalidade e agradécelles por salvalo. Nese momento chega Odd, que se decepciona ao ver que todo terminou.

No laboratorio, din que Laura foi moi lonxe esta vez. Jeremie di que está expulsada por traidora e imprudente, lanzará un regreso ao pasado. Laura non está preocupada por que non a afectará ao modificalo, pero Jeremie di que conseguiu modificalo e xa non lembrará nada de Lyoko e a fábrica. O episodio termina co regreso ao pasado e con Laura sen lembrar nada.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
116: Falsos dobres 117: Motín 118: O día malo de Jeremie

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou