Fandom

Wiki Código Lyoko

Memorias distantes

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Memorias distantes
Lyoko82.jpg
Título orixinal (francés) Mémoire blanche
Título en inglés Distant Memory
Nº de episodio total 82
Tempada 4
Episodio na tempada 4x17
Data de lanzamento orixinal 31 de agosto do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Falta de boa vontade
seguinte
Mala sorte

Memorias distantes é o episodio 17 da tempada 4 e o episódio 82 da serie Código Lyoko. Estreouse o 31 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio comeza con Aelita nun pesadelo: ela está a celebrar o Nadal cos seus pais, pero chegan os homes de negro que os atacan, Anthea (a sua nai) é capturada e Aelita corre chorando, a rapaza espértase na súa habitación. Na mañá, Aelita dille aos seus amigos o dos pesadelos, eles dinlle que non se preocupe. É Nadal, os alumnos de Kadic están de vacacións, e todos se van ás súas casas. Como Aelita non ten casa, queda no colexio a pesar das invitacións de Jeremie e Yumi. Ulrich e Odd non están tan felices e teñen intencións de quedar en Kadic por conflitos con algúns membros da súa familia.

Jeremie vaise co seu pai Michel Belpois, Ulrich cos seus, Odd diríxese a un aeroporto e Yumi diríxese á súa casa. Aelita regresa á súa habitación e tras agarrar ao Señor Pück e ter recordos, o seu computador acéndese e le unha mensaxe de Franz Hopper, que di que está a esperala en Lyoko. A pesar das súas dúbidas, Aelita diríxese á fábrica e no computador do laboratorio aparece outra mensaxe onde Hopper dálles as coordenadas da parte de Lyoko onde se debe virtualizar. Aelita faio, aterra no sector do xeo e atopa un simulador. Ela métese, atópase unha paisaxe nevada e a casa de montaña que soñara esa noite, e dentro da casa está o seu pai esperándoa, e dille que ten moitas cousas que dicirlle.

Na Terra, Yumi non consegue comunicarse con Aelita e diríxese a Kadic, e avisa a Jeremie, Ulrich e Odd. Jeremie di ao seu pai que se deixou o portátil, e o seu pai sabe que é por Aelita. Ulrich e os seus pais están nun atasco de coches, e el vaise do coche e volve camiñando. Odd está no aeroporto, e despois de chamar ás súas irmás vólvese a Kadic. Yumi e Jeremie son os primeiros en chegar, descobren a mensaxe de Franz Hopper e diríxense á fábrica. En Lyoko, Franz Hopper di á súa filla que se escondeu no Mar dixital para non ser atacado por XANA e que non pode saír. Cando Aelita menciónalle o Skidbladnir, el só di que é un nome curioso, sendo que era no nome dunha historia que el lle lía cando era nova, o que deixa a Aelita con dúbidas. Aelita cre que o Franz Hopper que está con ela non é o verdadeiro e por tanto non é o seu pai, tenta escapar da cabana, pero, nada mais abrir a porta, atópase con William-XANA.

Yumi virtualízase e tenta entrar pero unhas tarántulas impiden a súa entrada. No simulador Aelita escapa da cabana sendo perseguida por William-XANA e o seu pai que se transformou nun lobo. Ulrich e Odd chegan á fábrica e se virtualizan para axudar a Yumi na súa pelexa coas tarántulas, e Aelita destrúe o simulador coa Sintetización. Aelita enfróntase ao bloque e a William-XANA, entón Ulrich, Odd e Yumi terminan coas tarántulas e Jeremie virtualiza os vehículos, pero uns bloques chegan para retelos e desvirtualizan a Yumi. William-XANA envía a súa manta negra para que lles ataque.

Logo de intentos errados de escapar, Aelita é lanzada ao Mar dixital por William-XANA. Este diríxese ao bordo do sector e ponse a observar cara ao baleiro. Cando parece que perderon á súa amiga, Jeremie recibe un sinal, unha bóla sae do Mar dixital que salva a Aelita devolvéndoa a terra firme: esta esfera é Franz Hopper! Os monstros de XANA que hai no sector tentan destruílo, mentres William-XANA loita contra Ulrich e desvirtualízao, e logo desvirtualiza a Odd que estaba no seu Overboard. Aelita é detida polo bloque que lle lanza xeo na perna, e Franz Hopper regresa ao Mar dixital a salvo. William-XANA desvirtualiza a Aelita e aúlle de ira.

En Kadic, os Guerreiros de Lyoko danse os agasallos e Jeremie explica que XANA quere lanzar a Aelita ao Mar dixital para que salga Franz Hopper. Jeremie comunícalle a Aelita que irá á súa casa nas vacacións, e non estará soa.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
81: Falta de boa vontade 82: Memorias distantes 83: Mala sorte

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou