Fandom

Wiki Código Lyoko

Medusa

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Medusa
Lyoko90.jpg
Título orixinal (francés) Médusée
Título en inglés Wrong Exposure
Nº de episodio total 90
Tempada 4
Episodio na tempada 4x25
Data de lanzamento orixinal 27 de outubro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Música que calma a besta salvaxe
seguinte
Mala cobertura

Medusa é o episodio 25 da tempada 4 e o episódio 90 da serie Código Lyoko. Estreouse o 27 de outubro do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza no Eremitorio, onde Jeremie e Aelita están para levar toda a información que lles sirva para loitar contra XANA; logo de buscar un intre, Aelita atopa unha foto dela con Franz Hopper e cunha ecuación matemática escrita nunha lousa do fondo. Jeremie descobre que é un programa para reiniciar a supercomputadora. Na cafetaría, Odd comenta que non sabe como conquistar a Anaïs Fiquet. Co tema da foto, ao louro ocórreselle a idea de enviarlle unha foto. Entón pídelle a Jeremie que lle deixe o computador para enviarlle unha foto súa. Pero equivócase: na súa habitación, Sissi recibe a mensaxe de Odd, e a foto é a de Aelita e o seu pai que atoparon no Eremitorio.

No despacho do director, o sr. Delmas pregunta á súa filla que de onde sacou a foto, e explica que na foto hai un antigo profesor de Kadic que desapareceu misteriosamente, e propón facer vir a Aelita e a Odd para saber máis acerca da foto. No patio, Jim fai que todos os Guerreiros de Lyoko vaian ao despacho do director. Unha vez alí, ela di todo o intre que se chama Aelita Stones, que é orfa e vén do Canadá, e ao final di que os seus pais son Franz e Anthea Stones. Jeremie sinala que Aelita tería 22 anos se ela fose a da foto. O director ponse a verificar a identidade de Aelita, e obriga ao grupo a permanecer na biblioteca con Jim.

No sector do bosque actívase unha torre. Antes de que o director poida seguir na procura, é posuído por XANA, secuestra a Aelita e dille a Jim que que non saian da biblioteca. Cando os demais van ir a rescatala, Jim impídello, e os Guerreiros de Lyoko usan as técnicas de combate que lles ensinou no episodio 74 (Prefiro non falar sobre isto), que o deixan atado. Mentres tanto, o director leva Aelita á fábrica. Cando os demais chegan, Aelita xa está virtualizada. Odd queda a loitar contra o director e Jeremie virtualiza a Ulrich e a Yumi.

En Lyoko, a Scyphozoa captura a Aelita e toma o control dela para de obrigala a camiñar cara ao Mar dixital, mentres que Ulrich e Yumi loitan contra uns cangrexos. Mentres tanto, Odd está a loitar contra o director. En Lyoko, Ulrich e Yumi tratan de evitar que Aelita vaia ao Mar dixital, e XANA envía tarántulas. Aelita toma unha katana de Ulrich e ponse a loitar contra el. Se desvirtualizan a Aelita, non poderá desactivar a torre e o director matará a Odd, e se non é desvirtualizada seguirá posuída por XANA e tentará tirarse ao Mar dixital.

Ao final, a Jeremie ocórreselle unha idea: utilizar ese programa de reiniciación da supercomputadora e limpar a Aelita da posesión. Entón un muro branco percorre todo o sector, paralízaos un momento e logo queda desposuída Aelita, que permite que desactive a torre. Jeremie virtualiza o Overbike, e Aelita está moi débil pero Ulrich a axuda. A tarántula desvirtualiza a Ulrich e Yumi, pero Aelita entra na torre. Cando está a punto o director de derrotar a Odd, Aelita desactiva a torre e Jeremie lanza un regreso ao pasado.

Aelita explica que nunca estivo en Kadic, porque estudaba en casa. Tamén explica que o seu apelido real non é Hopper, é Schaeffer (o nome que aparece no cartafol do final dos episodios). Hopper é o apelido da súa nai, Anthea, antes de casar. Ademais, supón que Franz é en realidade o seu segundo nome, e o primeiro é Waldo (como pon no cartafol do final dos episodios). Logo, Jeremie explica que ten pouco sentido facer esa distinción, xa que agora, a obxecto de protexela, Aelita deberá ser designada en calquera instancia polo apelido Stones, co que entrou a Kadic.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
89: Música que calma a besta salvaxe 90: Medusa 91: Mala cobertura

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou