Fandom

Wiki Código Lyoko

Música que calma a besta salvaxe

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Música que calma a besta salvaxe
Lyoko89.jpg
Título orixinal (francés) Il est sensé ďêtre insensé
Título en inglés Music To Soothe the Savage Beast
Nº de episodio total 89
Tempada 4
Episodio na tempada 4x24
Data de lanzamento orixinal 20 de outubro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Curmáns inimigos
seguinte
Medusa

Música que calma a besta salvaxe é o episodio 24 da tempada 4 e o episódio 89 da serie Código Lyoko. Estreouse o 20 de outubro do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio empeza en clase. O primeiro concerto de Aelita cos Subdigitales está a chegar, pero Aelita non está preparada. Odd quere conseguir máis entradas para unha rapaza, e a señora Hertz chámalle a atención por non escoitar.

No recreo, Yumi dille que o seu irmán Hiroki pode ter entradas para o concerto de Aelita e os Subdigitales, e o louro fai un comentario que ruboriza a Ulrich e Yumi.

Mentres tanto, Aelita busca consolo en Jeremie. Por desgraza, o xenio está obsesionado cun programa que mellorará a detección de Réplicas, e por iso non irá ao concerto de Aelita, quen queda decepcionada de ver a indiferenza do seu amigo diante deste evento especial.

Odd quere atopar unha entrada para Kelly, unha rapaza que quere ligarse. Hiroki ofrece unha a un prezo que non pode pagar, dáse a volta e atopa a Sissi, que ten entradas pelo seu pai. Con todo, comprométese a dar unha a Odd só se fai que Ulrich vaia con ela e non con Yumi. Odd está de acordo.

Pola noite no concerto, Odd, Ulrich e Yumi van ver a Aelita no seu camerino. Jeremie segue diante do seu computador. Na entrada do concerto, Odd atópase con Kelly, pero aparece Sissi e acáballe quitando a entrada, e entón Kelly xa non quere estar con Odd. Milly e Tamiya, unha vez máis tratando de conseguir unha entrevista, entran no camerino de Aelita, pero aparece a directora e sácaas.

No sector das montañas una torre é activada. Un espectro de XANA entra no concerto e posúe á directora Sophie, Milly e Tamiya. Sophie secuestra a Aelita, Ulrich queda a loitar contra as novas xornalistas e Odd, Yumi e Jeremie vanse á fábrica.

A directora chega antes, virtualiza a Aelita en Lyoko e alí está rodeada por unha cascuda, un bloque, unha manta e William-XANA. Entón chegan os Guerreiros de Lyoko dispoñibles: Jeremie virtualiza a Odd e Yumi, e empezan a loitar contra os monstros de XANA.

No concerto, Ulrich segue loitando contra Milly e Tamiya, mentres que Jeremie virtualiza os vehículos e Odd e Yumi van axudar a Aelita e a loitar contra William-XANA. Na fábrica, Sophie esperta, deixa a Jeremie inconsciente, toma o control da supercomputadora e desvirtualiza os vehículos.

No concerto, Ulrich usa un espello para reflectir os raios eléctricos que lanzan Milly e Tamiya. En Lyoko, Odd e Yumi usan unha táctica en que Yumi fai un salto impulsado desde os pés de Odd, e desvirtualiza a mantarraya negra de William-XANA, e este desvirtualiza a Yumi pero antes lanzara os abanos que desvirtualizan a William-XANA.

Ao final, Aelita consegue entrar na torre mentres todos os Subdigitales están a tocar no concerto (e pon esa música de fondo). Cando Ulrich está a piques de ser electrocutado por Milly e Jeremie por Sophie, Aelita desactiva a torre e Jeremie activa un regreso ao pasado.

Nesta segunda vez Jeremie non se perde en concerto de Aelita, e vaina a ver ao camerino. Cando empeza o concerto, Aelita sae ao escenario de DJ, e todos empezan a bailar, incluso Sissi. A Odd xa lle dá igual o de Kelly.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
88: Curmáns inimigos 89: Música que calma a besta salvaxe 90: Medusa

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou