Fandom

Wiki Código Lyoko

Mísil guiado

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Mísil guiado
Lyoko84.jpg
Título orixinal (francés) Missile guidé
Título en inglés Guided Missile
Nº de episodio total 84
Tempada 4
Episodio na tempada 4x19
Data de lanzamento orixinal 15 de setembro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Mala sorte
seguinte
A fermosa de Kadic

Mísil guiado é o episodio 19 da tempada 4 e o episódio 84 da serie Código Lyoko. Estreouse o 15 de setembro do 2007 en Francia.

Argumento

O episodio comeza con Jim entregando sobres na cafetaría, Jeremie recibe un e despois Aelita recibe unha carta sen asinar proveniente de Montreal. Odd tamén recibe un paquete con cousas para Kiwi.

Jeremie le que gañou unha viaxe nun avión militar equipado con mísiles, Odd apuntouse no sorteo en nome de todos os seus amigos para que algún tocase. O xenio di que non está ben que o conviden porque os premios son intransferibles. En clase, Aelita está intrigada sobre quen lle enviou a carta, e a señora Meyer rífaa.

Jeremie acode ao aeroporto militar onde o piloto dille o que farán, pero o mozo di que non quere voar porque non foi asunto seu, e só farán unhas fotos para parecer que voaron. En Kadic, Jim ouve os ladridos de Kiwi, peo ao entrar á habitación de Ulrich e Odd, este último ofrécelle un bol e di que foi el quen ladrou.

Despois dunha sección de fotos, Jeremie e o piloto sóbense ao avión militar, pero unha torre é activada no sector do xeo, XANA posúe ao avión e faio despegar baixo o seu control. Aelita decátase diso e chama aos demais para dirixirse á fábrica.

No avión, o piloto é electrocutado por XANA, a pesar das advertencias de Jeremie. Entón desde terra chaman ao avión, e Jeremie responde dicindo que se fará cargo da situación.

Na fábrica Aelita disponse a enviar aos Guerreiros de Lyoko ao sector do xeo, e entón chama Jeremie advertíndolles da situación. O xenio dá as coordenadas e o rumbo do avión a Aelita, e descobren que o avión vai á fábrica e pretende voala con mísiles co fin de destruír a supercomputadora. Aelita virtualiza os seus amigos a Lyoko, e logo vai ela.

No avión, o piloto recupera a consciencia, e desde terra comunícanlle que teñen previsto derrubar o avión para evitar que cause algún dano. Para evitar a morte do piloto e de Jeremie, eles deben saltar do avión en paracaídas; con todo, Jeremie ten moito medo e non só por ter que saltar do avión. Cando proceden a tentar eyectar os asentos, descobren que XANA descompuxo as pancas de saída para deixalos atrapados.

En Lyoko localizan a torre, pero está protexida por cangrexos. Ulrich e Yumi destrúenos, pero veñen máis. Entón deciden pasar o tres xuntos, e cando Aelita disponse a ir á torre aparece William-XANA. Estes dous ponse a loitar por terra e aire. Aparece Odd e dispara unha frecha láser a William-XANA, pero este fai rebotar a frecha e desvirtualízao. Entón disponse a tirar a Aelita ao Mar dixital. Yumi chega pero tamén é desvirtualizada.

No aire, o avión está a piques de ser derrubado por outro avión; o piloto, a instancias de Jeremie, consegue gañar un pouco máis de tempo, pero o mísil ármase só e é lanzado cara á fábrica. O avión que tiña que derrubar ao avión de Jeremie deixa de perseguilo e ponse a perseguir ao mísil, pero este é demasiado veloz para apuntarlle.

En Lyoko, Ulrich desvirtualiza a William-XANA, e Aelita diríxese á torre. Entón XANA sabotea o avión e desactívao, para desfacerse tamén de Jeremie e o avión empeza a caer sobre Boulogne-Billancourt. Cando están a piques de caer o avión e o mísil sobre a fábrica, Aelita desactiva a torre e Yumi lanza un regreso ao pasado.

Aelita chega á habitación de Jeremie e descobre que foi el quen lle escribiu a carta, e entón chega Jim e pregúntalle onde está Odd porque quere máis da comida para Kiwi. O mozo louro está no avión facéndose pasar por Jeremie, e resulta que ten medo como Jeremie (ou máis).

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
83: Mala sorte 84: Mísil guiado 85: A fermosa de Kadic

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou