Fandom

Wiki Código Lyoko

Intruso

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Intruso
Lyoko109.jpg
Título orixinal (francés) Intrusion
Título en inglés Intrusion
Nº de episodio total 109
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x14
Data de lanzamento orixinal 30 de marzo do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Venres 13
seguinte
Sen códigos

Intruso é o episodio 14 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 109 en total de Código Lyoko. Estreouse o 30 de marzo do 2013 en Francia.

Argumento

En Kadic, Jeremie e Aelita investigan sobre Tyron, pero non atopan datos del despois do 25 de xuño do 2003, é coma se desaparecese, supoñen que é o día en que discutiu con Franz Hopper e din que hai que atopar a supercomputadora se queren destruílo, deciden descansar ao ser a noite e que farán unha viaxe a Cortex o día seguinte.

No día, Yumi e unha amiga están a repartir boletos aos alumnos locais, ambas se queixan un pouco dicindo que Ulrich non as está axudando cando el prometera axudar a Yumi.

No patio, Jeremie di o plan da misión, Yumi e William chegan e ela di que sacou un 18 polo ensaio, Odd sorpréndese ao pensar que nas clases francesas as notas nunca podían superar os 11 e ponse a ler a redacción a pesar das negacións de Yumi, describiu a alguén como un inmaturo e terco. Jeremie interrómpeos e todos se dirixen á fábrica.

Cando van polos sumidoiros, Ulrich detén a Yumi e discute con ela sabendo que o mozo do ensaio é el, decide non ir ao laboratorio e decide separarse de Yumi por un tempo e que sempre foi moi honesto con ela. Yumi chega ao laboratorio soa e o catro virtualízanse ao sector 5 e soben ao Skid.

Jeremie tenta chamar a Ulrich, pero este fai caso omiso da chamada. Mentres van polo Mar dixital, Yumi está algo preocupada e culpable, parece sentirse mal. Chegan a Cortex, e cando baixan do Skid, Odd dille a Yumi que debe resolver o de Ulrich. Entran ao núcleo e chegan á interfaz. Aelita mete o cartón falso e Yumi, Odd e William loitan cos Ninjas.

Durante a pelexa, Yumi perde puntos pola distracción ao pensar en Ulrich, Odd derrota a un Ninja, Yumi pídelle a Jeremie que a desvirtualice, pero como se lle nega, déixase desvirtualizar por un Ninja, acto seguido diríxese a Kadic, William e Odd derrotan aos outros 4 Ninjas, o cal lle parece raro a Jeremie por moi fortes.

Jeremie consegue a información que buscaba e os Guerreiros de Lyoko saen, pero ao saír pola interfaz, aparece outro Ninja e séguenos sen que o saiban grazas a algo que activou no seu corpo, segue ao Megapod correndo cunha especie de Supercarreira.

Nun momento, ao Ninja desfaise do que había activado, Jeremie detecta un sinal estraño, os outros dirixen o Megapod até onde está o Ninja, pero este escóndese a tempo. Yumi chega á habitación de Ulrich, tenta convencerlle que abra a porta, pero como non lle abre retírase antes de darse conta de que Ulrich abriu a porta.

Cando, volven subirse cara ao Skid, vese que o Ninja coouse na nave. Jeremie empeza a tentar hackear un código para descubrir a localización de Tyron. Ulrich alcanza a Yumi no parque e discute con ela por describilo negativamente, Yumi lémbralle que non a axudou no dos boletos e que sempre foi así, nunca está cando o necesita.

Ulrich comprende, descúlpase ao sentirse culpable, á parte diso admite que non a quere perder e que é a persoa que máis lle importa, Yumi di o mesmo, e el promete esforzarse para ser responsable con ela.

O Skid chega onde se garda e Jeremie transfíreos. O Ninja aparece e desvirtualiza a Aelita e a Odd, Jeremie descobre que os enganaron, por iso foron facilmente vencidos en Cortex. Jeremie chama a Ulrich.

O Ninja baixa polo ascensor e William trata de impedirlle ir ao núcleo de Lyoko e obter información, pero é desvirtualizado xusto cando chega Ulrich. Leste usa a súa Multiplicación e derrota ao Ninja. Tras unha charla no laboratorio, vese que a cousa que estaba a traer o Ninja foi inserida nun recuncho. Así termina o episodio, deixando intriga.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
108: Venres 13 109: Intruso 110: Sen códigos

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou