Intereses comúns | |
Título orixinal (francés) | Intérêt commun |
Título en inglés | Common Interest |
Nº de episodio total | 37 |
Tempada | 2 |
Episodio na tempada | 2x11 |
Data de lanzamento orixinal | 9 de novembro do 2005 |
Tipo de episodio | Ataque de XANA |
Episodios de Código Lyoko | |
anterior Marabunta |
seguinte Tentación |
Intereses comúns é o episodio 11 da tempada 2 e o episódio 37 da serie Código Lyoko. Estreouse o 9 de novembro do 2005 en Francia.
Argumento
O episodio empeza con que XANA activa unha torre no sector do xeo. Peter Duncan, un preso moi perigoso, escápase e golpea a un policía, baixo a influencia dun espectro de XANA. Todo o colexio está a falar da fuga, pero o superescáner non indica ningunha torre activada, e Jeremie di que iso non está relacionado con XANA.
Durante o exame de matemáticas Aelita queda inconsciente, e o fugitivo queda inconsciente tamén. Aelita é levada ao hospital debido a que o seu ritmo cardíaco é demasiado baixo e irregular. Morre, pero ao final resucita. Jeremie deuse conta de que o seu superescáner está mal e vai á fábrica con Odd e Ulrich, e Yumi queda con Aelita.
Duncan detense nun camión para roubar uranio. El ponse no medio, e o camión pasa por encima de Duncan, que desde detrás pon o contrasinal, 123456, con electricidade. Hai gardas dentro da cámara de uranio, pero Duncan deixa KO a todos e rouba o uranio. Cando o condutor vai ver que pasa, Duncan non está nin o uranio tampouco.
Odd e Ulrich van a Lyoko para ver se hai unha torre activada, e atópana. Deciden volver para ir a buscar a Aelita ao hospital para que desactive a torre, pero apágase a supercomputadora.
Jeremie non pode contactar con Ulrich e Odd; á clínica, Aelita cae en coma e o seu ritmo cardíaco debilítase de novo. Duncan cae ao mesmo tempo. Jeremie trata de revivir a supercomputadora, pero sen éxito. Lyoko comeza a desaparecer ante a mirada atónita de Odd e Ulrich que tratan de escapar deste novo problema.
O chan de xeo comeinza a desaparecer deixando só o mortal Mar dixital, e os vehículos tamén. Finalmente, Jeremie aconsigue revivir a supercomputadora, cando Odd e Ulrich case caen no Mar dixital. O corazón de Aelita e o de Duncan volven latexar.
Jeremie vaise ao hospital con Odd e Ulrich para reunirse con Yumi e explica que a batería de uranio da supercomputadora está case esgotada, e se non atopan outra con que substituíla, tanto XANA como Aelita morrerán. Duncan secuestra a Jeremie mentres esperaba na máquina de café.
Cando Aelita cae en coma outra vez, Ulrich recibe unha chamada de Jeremie quen explica que tivo que desconectar a supercomputadora para substituír a batería por unha que lle levou Duncan. Pídelle a Ulrich levar a Aelita a Lyoko unha vez reconectado XANA. Cando Jeremie termina de cambiar as pilas e volve conectar a XANA, foxe á sala de control, perseguido por Duncan.
Odd, Yumi, e Aelita van a Lyoko mentres Ulrich queda a protexer a Jeremie de Duncan. En Lyoko, Aelita logra entrar na torre. Despois de deixar inconsciente a Ulrich, Duncan prepárase para atacar a Jeremie cando Aelita desactiva a torre. Duncan cae ao chan inconsciente, e os Guerreiros de Lyoko teñen que sacalo da fábrica.
Ao día seguinte en Kadic, todo o mundo fala sobre o preso fuxido, que se atopa á porta de comisaría de policía. Odd di que os heroes de verdade teñen que estar no anonimato, pero un día descubriríase a súa gran proeza. A continuación, decátase de que ten un 0 en matemáticas, despois de que Jeremie faille un cálculo (8650 + 51 - 10000 + 1299 = 0).
Galería
Sucesión de episodios
Episodio anterior | Episodio actual | Episodio seguinte |
---|---|---|
36: Marabunta | 37: Intereses comúns | 38: Tentación |