Fandom

Wiki Código Lyoko

Intento frustrado

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Intento frustrado
Lyoko26.jpg
Título orixinal (francés) Faux départ
Título en inglés False Start
Nº de episodio total 26
Tempada 1
Episodio na tempada 1x26
Data de lanzamento orixinal 25 de febreiro do 2004
Data de lanzamento (Galicia) 29 de setembro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Código: Terra
seguinte
Nova orde

Intento frustrado é o episodio 26 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 25 de febreiro do 2004 en Francia e o 29 de setembro do 2007 en Galicia.

Argumento

O episodio empeza cun repaso do anterior, Código: Terra. E logo empeza o episodio.

Aelita ten a súa primeira clase en Kadic, que é de historia. Ela di que prefire que sexa clase de informática, xa que non sabe nada de historia. Sissi ten celos de Aelita por estar rodeada de rapaces, e Nicolas queda encantado mirándoa, como outros rapaces. O profesor dille que teñen unha alumna nova, e que se presente ela mesma. Aelita non sabe que dicir, e Odd di que se chama Aelita, é a súa curmá e é tímida.

No patio chega Yumi, e entón deciden ir apagar a supercomputadora. Aelita di que Lyoko é o seu mundo, e non quere moito que se apague. Ao final van apagalo, e atópanse con Jim na fábrica, que lles di que lle chamen “Jimbo”. Cando van apagalo, Aelita está tan aterrada ante a idea que non se atreve a facelo ela mesma, polo que lle di a Jeremie que o faga; este, logo de dedicar unhas poucas palabras a XANA, faio, pero entón Aelita cae desmayada, e vólveno a activar para que se recupere.

Cando esperta Aelita, Jeremie faille un escaneado e descobre que XANA infectou a Aelita cun virus que a une á supercomputadora e se o apagan ela morre. Jeremie deixa un programa aberto, e Jeremie acompaña a Aelita a casa de Yumi. No camiño, pasan por un sitio de fotos e fanse fotos graciosas. Ao final Aelita dá un bico na fazula de Jeremie e vaise a casa de Yumi.

XANA activa unha torre, infecta un dos escáneres e empeza a materializar cascudas. Nunha clase, o profesor fai unha pregunta. Sissi responde mal, pero Aelita responde perfectamente. Entón óuvense berros, e vese un alumno que é perseguido por unha cascuda. Ulrich decide loitar, e di que o regreso ao pasado non salvará vidas. Unha delas case mata a Ulrich, pero Yumi sálvalle.

Ulrich e Yumi van coller armas, mentres que veñen máis cascudas. Odd atopa unha pistola. Todos se atopan con Jim loitando contra os monstros de XANA, e Aelita decide a ir a Lyoko para desactivar a torre. Despois dunha discusión con Jeremie, Aelita vai con Odd a Lyoko mentres Jim vai a vai axudar a Ulrich e Yumi que están a defender a escola.

Cando as cascudas están a piques de atacar a Ulrich e Yumi, aparece Jim e destrúeas lembrándolles que lle chamen Jimbo. En Lyoko, aparecen vespas para defender a torre. Aelita vai cara á torre mentres Odd loita contra as vespas.

En Kadic, Jim di a Ulrich e Yumi que vaian para a fábrica, e el queda a defender Kadic. Odd queda sen frechas láser e é desvirtualizado, pero antes de que as vespas ataquen a Aelita, Jeremie virtualiza a Ulrich e Yumi. Aelita escóndese nunha cova creada por ela, pero sen querer o abano de Yumi rompe o muro e unha vespa perséguea. Pero Ulrich e Yumi sálvana.

Jim bátese a matar cunha cascuda, e el vai recibindo disparos (no brazo e na perna). Cando a cascuda está a piques de dispararlle á cabeza, Aelita logra reverter todo antes de que el morra. Volven ao pasado e a escena comeza no momento que están todos no cuarto de Jeremie.

Todo está listo para volver materializala pero Aelita dille a Jeremie que o virus está aínda con ela e decidiu quedar en Lyoko. Yumi suxire que poderá visitalos unas cantas horas cada vez e Aelita está de acordo. Entón Jim unha vez máis chega e obrígaos a confesar. Cando aparece o director e disponse a despedilo os nenos fan ver que amenten e o director deixa pasar a “ficticia fechoría”.

Jim cre que mentiron e pregúntalles por que, ao que Ulrich contesta “Quen sabe? Talvez algún día fagas o mesmo por nós”. O episodio termina con Jeremie, Yumi, Odd e Ulrich saíndo da escola abrazados, mentres Jeremie ía acariñando unha foto del e Aelita.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
25: Código: Terra 26: Intento frustrado 27: Nova orde

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou