Wiki Código Lyoko
Advertisement
Caos en Kadic
Lyoko107
Título orixinal (francés) Chaos à Kadic
Título en inglés Chaos at Kadic
Nº de episodio total 107
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x12
Data de lanzamento orixinal 16 de marzo do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Encontro
seguinte
Venres 13

Caos en Kadic é o episodio 12 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 107 en total de Código Lyoko. Estreouse o 16 de marzo do 2013 en Francia.

Argumento[]

Na clase da señora Hertz, están a entregarse as notas dun exame, Odd e Nicolas teñen as mellores notas e Jeremie e Laura as peores, o cal para estes últimos non ten sentido, algo debe estar mal. O sr. Delmas entra e dilles que desde hai horas houberon problemas informáticos que afectarían os exames, os alumnos devolven os exames. Delmas di que hai toneladas de heno na cafeteia. No patio, Aelita, Jeremie, Laura, Odd e Ulrich discuten sobre a situación, suxiren que XANA está a atacar, o cal se confirma pola alarma do móbil de Jeremie.

Na fábrica, non ven que ningunha torre activouse en Lyoko, o que fai que se pregunten por que veu a alarma. Como non están seguros de nada, deciden ir a Lyoko para rexistrar cada sector. Mentres Jeremie e Laura revisan o sistema, o xenio chama a Yumi e William. Aelita se virtualiza no sector 5, Odd no deserto e Ulrich nas montañas, Jeremie dálles un mini-escáner a cada un pero non teñen moito alcance polo que deben moverse, o tres empiazan a rexistrar os sectores. Buscan e buscan ata que Laura nota que o holoéscaner non está a buscar no lugar adecuado, a torre resulta estar en Cortex, segun a loura débese a que XANA gañou máis poder.

Yumi e William se virtualizan e todos se reunen e sóbense no Skid. Despois dunha discusión entre Aelita e Laura, esta última recibe unha chamada do seu pai e diríxese a Kadic. Unha vez que Laura chega ao despacho do director, o pai da rapaza quéixase de que Kadic non cumpre coas súas expectativas e cre que a súa filla non está nun lugar adecuado, dá unha escusa de que Laura está para aprender, non para que todo lle vaia ben, Jean-Pierre vólvelle a dicir que se está tratando de resolover a situación, que é temporal, pero o señor Gauthier insiste por non entender a causa. Jim entra e di que recibiu toneladas de chancletas rosadas e pregunta que fará con iso, arrepíntese e retírase. O señor Gauthier dille a Jean-Pierre que se vai e ordena a Laura a que vaia á súa habitación a recoller as súas cousas.

Os ottros Guerreiros de Lyoko entran á cúpula de Cortex. Laura trata de convencer ao seu pai de que o colexio non é como el pensa, que ela é boa estudante e que pode ser a mellor, o seu pai non lle cre e a rapaza dille que lle siga. En Cortex, os Guerreiros baixan do Skid. Jeremie detecta actividade hostil preto dos seus amigos, dálles o Megapod. Cortex empézase a mover, Yumi, Aelita e Ulrich case caen, pero sálvanse. O Megapod está por caer ao Mar dixital, Odd é tranferido dentro e sálvao. Dous megatanques achéganse. Laura chega co seu pai ao laboratorio. Jeremie lles avierte a todos, Aelita dille a Yumi que a desvirtualice, ao principio Yumi négase pero despois faio. Mentres o señor Gauthier failles preguntas a Laura e Jeremie, os megatanques chegan cara a onde están os demais.

Aelita chega ao laboratorio e transfíreos a tempo, actro seguido leva a Laura e ao seu pai ao a sala da supercomputadora e logra enganalos para que queden alí. Jeremie dilles que a localización debe de aparecer no radar, acto seguido Aelita guía a Odd para que faga manobras, os cales fan que os megatanques destrúanse respectivamente chocondo contra unha parede. Despois chegan á torre, Yumi entra e desactívaa. No laboratorio, deciden facer un regreso ao pasado para desaherse do señor Gauthier e falar con Laura.

De volta á clase de Hertz, as notas son como deben ser. Odd ten a peor nota, Jeremie e Laura son os mellores. Nunha habitación, deciden que non poden expulsar a Laura só porque o seu pai está a presionala e causaría problemas se a expulsan, Laura entra e Jeremie dille que terá acceso limitado á supercomputadora e que un dos outros a acompañará sempre, ela acepta. Jim aparece e dille a Odd que vaia ao despacho do director agora, os seus pais están alí e saben da súa nota.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
106: Encontro 107: Caos en Kadic 108: Venres 13
Advertisement