Wiki Código Lyoko
Advertisement
Mala cobertura
Lyoko91
Título orixinal (francés) Mauvaises ondes
Título en inglés Bad Connection
Nº de episodio total 91
Tempada 4
Episodio na tempada 4x26
Data de lanzamento orixinal 3 de novembro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Medusa
seguinte
Suor fría

Mala cobertura é o episodio 26 da tempada 4 e o episódio 91 da serie Código Lyoko. Estreouse o 3 de novembro do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza no corredor das habitacións, onde Odd pechou a porta e Ulrich non pode entrar. Chegan Aelita, Yumi e Jeremie e este logra que Odd abra dicindo que se non o fai non lle daría as súas albóndegas do xantar; el explica que vai presentar unha das súas películas, pero está infeliz porque veñen os seus pais, Robert e Marguerite Della Robbia. Segundo os seus pais, Odd nunca ten a culpa a todo o que fai e por iso nunca lle rifan, e como todos os rapaces peléxanse cos seus pais e el non, non se atopa satisfeito con iso. Despois de ouvilo, os outros catro, non podendo entender como pode Odd queixarse de ter uns pais así, dinlle sarcásticamente que están de acordo con el.

No despacho do director, os pais de Odd están a falar co sr. Delmas, este tenta dicir o que Odd fai mal pero os seus pais non pairan de dicir cousas boas del. Cando se van, entra Sissi co seu móbil, que se estragou. O seu pai tenta arranxalo, pero acábao de romper.

Na sala do teatro, están a piques de presentar a película de Odd, pero el non se atreve a facelo e Ulrich anímalle a ir. Mentres tanto, no sector das montañas, unha torre actívase.

XANA ataca a antena da escola para espallar un virus a todos cos teléfonos móbiles e fai chamadas, e cando responden, XANA posúe a persoa da chamada; e comeza cos pais de Odd.

Todos os alumnos e profesores son afectados excepto os Guerreiros de Lyoko e Sissi (porque se lle rompeu o móbil accidentalmente polo seu pai). Jeremie detecta a torre, e o grupo vai á fábrica excepto Odd. O louro foxe dos posuídos, pero no parque hai máis posuídos que o collen, tamén o tenta por outro acceso aos sumidoiros e tamén falla. Entón refúxiase na cafetaría.

Na fábrica, Jeremie virtualiza a Ulrich, Yumi e Aelita a Lyoko para desactivar a torre. Pero a supercomputadora está infectado por un virus de XANA, e Jeremie só pode enviar o Overwing para subir un desnivel xa que a torre está nunha montaña e eles están a baixo. Aelita usa as súas ás.

Entón aparece mantas para loitar contra eles, que desvirtualizan o Overwing e os seus ocupantes empezan a caer, pero sálvanse pola katana de Ulrich. En Kadic os posuídos entran, e Sissi salva a Odd e foxen, pero cóllenos.

En Lyoko a katana cede, pero Aelita co seu sintetización crea unha plataforma e salva a Ulrich e Yumi. Entón aparecen cangrexos. Yumi destrúe a un, pero una cascuda desvirtualízaa. Entón Jeremie consegue virtualizar o Overboard.

En Kadic, Odd e Sissi están no tellado, e os seus pais e os demais posuídos disponse a tiralos. En Lyoko o cangrexo desvirtualiza a Ulrich, pero antes lanzou a súa katana que desvirtualiza ao monstro, e Aelita entra na torre.

No tellado de Kadic, cando están a punto os alumnos e o profesorado posuído por XANA de tirar a Odd e a Sissi do tellado Aelita desactiva a torre e Jeremie activa un regreso ao pasado.

Ao final Odd atrévese a pór a película. Na película, sae Jim cunha pelota que Odd di que é un “escaravello pelotero”, logo sae o sr. Delmas mostrando ser patoso e Odd di que é un “saltamontes de campo”, e ao final sae Sissi que Odd di: “Que será esta criatura tan estraña? Un rolo de madeira? Non, non, é unha enorme larva, é unha oruga que se transforma nunha preciosa bolboreta”. Ao final deixa a Sissi ben porque antes do regreso ao pasado colaborou con el.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
90: Medusa 91: Mala cobertura 92: Suor fría
Advertisement