Wiki Código Lyoko
Advertisement
Loitar ata o final
Lyoko94
Título orixinal (francés) Contre-attaque
Título en inglés Fight to the Finish
Nº de episodio total 94
Tempada 4
Episodio na tempada 4x29
Data de lanzamento orixinal 10 de novembro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Regreso á Terra
seguinte
Ecos

Loitar ata o final é o episodio 29 da tempada 4 e o episódio 94 da serie Código Lyoko. Estreouse o 10 de novembro do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza con que Aelita ten un pesadelo na que está no sector 5, espértase pola destruccion de Franz Hopper a mans de mantas. Iso fai que senta moi preocupada e insegura. Jeremie estivo toda a noite traballando no virus múltiple, e cando lle vai a ver Aelita o xenio di que case o ten acabado.

William entra na cafetaría e non senta á beira dos Guerreiros de Lyoko por non querer molestar a ninguén. Estes comentan sobre a súa confianza nel e que as súas aventuras en Lyoko desde que William uniuse serían distintas se a Scyphozoa non o posuíu.

Yumi di que poden ser amables con el, pero non pode volver á fábrica. Jeremie termina o seu progarama e entón recibe unha mensaxe de Franz Hopper, e chama aos demais para que vaian á fábrica. Reúnense e cando van ir á fábrica, William quere saber que pasa, e Odd responde que xa lles axudará outro día.

Sissi está a escoitar música no parque, e ve a Jeremie que de súpeto desaparece. Entón vén o resto do grupo, e Sissi non lles deixa avanzar. Estes deciden ir polo outro acceso aos sumidoiros, pero está pechado.

Volve aparecer Sissi que lles bloquea o paso, ata que William chega e distráea para que os Guerreiros escapen. Unha vez na fábrica, o equipo prepárase para a súa última misión, pero chega William, quen quere axudalos en Lyoko; os outros cinco acordan que, aínda que é excesivamente perigoso deixar que William volva a Lyoko, Jeremie enviaríao como último recurso, así que queda a esperar se necesitan axuda.

Os Guerreiros de Lyoko virtualízanse no sector do xeo, onde buscan e atopan a Franz Hopper. Aelita decide ir falar co seu pai a soas. Entón unha torre actívase e William é posuído, este deixa inconsciente a Jeremie e diríxese aos escáneres.

En Lyoko aparece o Koloso, e os Guerreiros fanlle fronte. O Koloso desvirtualiza a Yumi, quen detén a William de desconectar os cables e pelexa con el. Ela escóndese no ascensor, pero William atravesa a porta. Cando soben, William lanza a Yumi e seguen pelexando.

En Lyoko, Ulrich crava a súa katana no Ollo de XANA da cara, pero aínda ten o do brazo-espada. Mentres tanto, Franz Hopper empeza a enviar datos a Jeremie, que espertou. Cando acaba, o pai de Aelita lánzase ao Mar dixital.

Jeremie descobre que lle enviou o programa que destruirá a XANA, e teñen que ir todos ao sector 5, e activa o transportador. Ulrich vence ao Koloso dándolle ao Ollo de XANA do brazo, o transportador recolle a Odd e Aelita, pero o Koloso cae encima a Ulrich sendo desvitualizado, e vai axudar a Yumi.

Unha vez no sector 5 e chegar ao núcleo, Odd e Aelita empezan a pór en marcha o virus múltiple, pero non ten a enerxía suficiente, unhas mantas aparecen e desvirtualizan a Odd. Mentres tanto, na fábrica, Ulrich e Yumi loitan contra William.

No sector 5, Franz Hopper aparece e sacrifícase para dar a enerxía suficiente para acabar con XANA. Aelita executa o programa e o virus múltiple destrúe a XANA e ás Réplicas; xusto cando William ía atacar a Ulrich, XANA sofre os efectos do virus, véndose obrigado a deixar de posuír a William, en forma de nube de fume, esta vez en forma de persoa co símbolo de XANA no abdome, retorcéndose e gritando de dor a medida que o virus o destrúe; a nube convértese nunha cabeza con forma humana e, cun berro de morte, convértese no símbolo de XANA e desaparece por completo. Ao final Aelita sae do escáner chorando pola perda do seu pai, e Jeremie abrázaa. E a Odd sáenlle bágoas. Así termina o episodio.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
93: Regreso á Terra 94: Loitar ata o final 95: Ecos
Advertisement