Wiki Código Lyoko
Advertisement
Unha carreira profesional asegurada
Lyoko112
Título orixinal (francés) Un avenir professionnel assuré
Título en inglés An Assured Professional Future
Nº de episodio total 112
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x17
Data de lanzamento orixinal 20 de abril do 2013
Tipo de episodio Ataque de Tyron
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Confusión
seguinte
Obstinación

Unha carreira profesional asegurada é o episodio 17 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 112 en total de Código Lyoko. Estreouse o 20 de abril do 2013 en Francia.

Argumento[]

O episodio comeza con que un home chega a Kadic, e o sr. Delmas dálle a benvida. Jim está a levar a Jeremie ao director, este felicítao e o señor recentemente chegado convídalle a entrar. Dille ao xenio que está interesado por ser o mellor estudante e convídao a asistir á mellor escola de Europa, para iso dálle un exame e se está impresionado, engadirao á lista de futuros estudantes da súa escola.

Mentres Jeremie mira o exame ve algo de fisica cuántica, Graven (como se chama o señor, pero o nome revélase despois) pregúntalle se o coñece, o xenio dille que non. Graven sae por unha chamada, ao saír Jeremie escóitao dicindo que foi unha elección equivocada por non saber de física cuántica e na conversación menciona a Tyron.

Alarmado, Jeremie chama a Aelita para dicirlle que Graven é un dos axentes de Tyron, e dille que escoitou sobre unha baliza, refiriendose a unha en Lyoko para rastrexalo e ordénalle pescudar. Séntase antes de que Graven note algo. Os outros Guerreiros de Lyoko esperan na entrada aos sumidoiros, Aelita menciona que a baliza pode rastrexar as coordenadas da supercomputadora aínda sendo virtual, sospeitan que o fixo o Ninja que os seguiu até Lyoko. Xa na fábrica, Aelita virtualiza aos outros ao sector 5.

No despacho, Graven está a corrixir o exame, todas as respostas están mal, (obviamente Jeremie respondeunas así por non deber aceptar a invitación). O home chama a Jim e dille que Jeremie non é o suficientemente bo e pide que traian á seguinte persoa, Laura.

No sector 5, buscan a baliza no lugar onde se atopa o Skid, non atopan nada e baixan ao lugar onde Ulrich loitou contra o Ninja. En Kadic, Jeremie atopa a Laura na biblioteca, dille que Graven é un axente de Tyron e o exame que fai é unha trampa, pídelle que non lle diga nada sobre o grupo, Lyoko e nada relacionado da física cuántica.

No sector 5 non conseguen atopar a baliza, ao final Ulrich analiza como ocorreu a súa pelexa co Ninja e atópaa. Laura entra ao despacho, e Jeremie obsérvao e recibe unha chamada de Aelita que lle di a noticia e pídelle que vaia á fábrica.

Chega e Aelita di que illou o sinal que ten unha presición de polo menos 120 quilómetros, o que son boas noticias para Jeremie, por que non atoparon a localización exacta da fábrica e están a buscalos, revisarían todas as escolas da cidade, pero o sinal fluctua moito, polo que nun momento a baliza mostrará a localización exacta. Laura está a actuar coma se non soubese nada. Aelita está algo preocupada a pesar do que fixo Jeremie de que a loura non revele nada, polo que decide irse.

Jeremie dilles aos outros que se a baliza deixa de funcionar, os axentes tendran que buscar nun raio de 120 quilómetros, di que poden destruír a baliza. Odd dispáralle unhas frechas láser, pero iso faio que os mozos sintan unha dor de cabeza, as luces da fábrica apáganse e ao momento volve. Aelita regresa tras quedar atrapada no ascensor, e os que están en Lyoko atópanse ben. Jeremie dilles que non toquen nin fagan nada.

No despacho, Laura termina o exame. Jeremie di que o faro está atrapado, incorpórase un sistema de seguridade chamado impulso electromagnético, e pode danar seriamente a supercomputadora e Lyoko, se activan a seguridade enviaríanlle unha especie de intermedio dixital sen volta atrás. Suxire que se dirigan a Cortex para desactivar a baliza a pesar de poder ser arriscado, posto que o faro ten un sensor de movemento, por iso reaccionou ás frechas de Odd. Deciden levalo de volta a Cortex con coidado, Odd agárrao e dállo a Ulrich, acto seguido diríxense ao Skid. Odd toma o mando e entran ao Mar dixital.

Aelita decide regresar ao colexio, cre que Laura podía traizoalos. No despacho, Graven nota que a resposta que deu Laura é correcta e ela dixera que non sabia nada, nunha parte di que non sabía nada e a ecuación que respondeu ben require de coñecementos, de fisica cuántica, Laura di que respondeu o azar. Graven móstralle un pad onde mostra aos Guerreiros de Lyoko en hologramas, pregúntalle se os coñece. Laura di que non, pero Graven di que sabe que son os seus amigos e que non confían nela. Aelita escoita esa conversación.

No Mar dixital, XANA ataca e aparecen dúas anguías. Odd tenta traer aos seus amigos de volta, pero Yumi négase e loita xunto a William contra os congros, Odd segue o seu camiño, Cortex xa está á vista. Yumi e William destrúen ás anguías, pero aparece outra que persegue ao Skid. Cando o monstro está a piques de mordelo é destruído, pero iso fai que o Skid choque e fai que o sistema de seguridade da baliza reaccione, con sorte non pasa nada e entran en Cortex.

Laura dille a Graven que a deixe en paz que non sabe nada, Graven dille que ten os mellores laboratorios e que se lle di o que quere saber, o seu futuro estará asegurado, poderá escoller o seu laboratorio e traballar cos máis brilliantes científicos, e que os seus pais estarian orgullosos, agrega que vai coller aos seus amigos.

Aelita entra e di que hai unha baliza en Lyoko, Tyron atopou a localización da supercomputadora e están dispostos a renderse. En Cortex, os Guerreiros de Lyoko están a idear un plan, Jeremie recibe unha chamada e escoita a Aelita guiar a Graven á fábrica, o que alerta aos outros, Aelita quere que se lance un regreso ao pasado, pero teñen que volver antes de polo en marcha.

Ulrich sae do Skid, o chan de Cortex empézase a mover, Ulrich corre. Jeremie desvirtualiza a Odd, Yumi e William, ordénalle a Urich que vaia tan alto como poida e tírea, activa a conta regresiva para o regreso ao pasado. Laura, Aelita e Graven chegan ao laboratorio, Ulrich chega a un sitio moi alto e lanza a baliza, a cal explota, Ulrich é desvirtualizado por iso. Jeremie lanza o regreso ao pasado.

Todo volve ao momento en que Graven chega a Kadic, recibe unha chamada e ao decatarse que a baliza non funciona retírase e non vai a Kadic. O equipo alégrase que de momento están a salvo. Cando todos se van, Laura queda e observa o cartón que lle deu Graven e quédalla.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
111: Confusión 112: Unha carreira profesional asegurada 113: Obstinación
Advertisement