Wiki Código Lyoko
Advertisement
Mala sorte
Lyoko83
Título orixinal (francés) Superstition
Título en inglés Hard Luck
Nº de episodio total 83
Tempada 4
Episodio na tempada 4x18
Data de lanzamento orixinal 8 de setembro do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Memorias distantes
seguinte
Mísil guiado

Mala sorte é o episodio 18 da tempada 4 e o episódio 83 da serie Código Lyoko. Estreouse o 8 de setembro do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza na habitacion de Odd e Ulrich, onde Odd está a buscar con présa a súa roupa tirando o que non vai usar ao chan, e ten a intención de ir roubarlle o corazón a unha moza da súa clase o máis pronto que poida. Nun descoido Odd deixa caer acidentalmente un espello que rompe, e empeza a ter mala sorte: rendo tenta saír, Jim aparece e rifa a Odd por colocar un queixo de cabra nas súas zapatillas de deporte, e cando o louro di que foron Nicolas e Hervé, Jim dálle 4 horas de castigo polo das zapatillas e por acusar os seus compañeiros.

Na cafeteria, Odd non logra conseguir comida boa, cando senta cos seus amigos Jeremie di que hai que ir á base militar de Novo México a destruír a supercomputadora da Réplica do deserto. Azra Ürgüp, a presa do día de Odd, achégase e o mullereiro pídelle que lle ensine o turco (porque ela é de Turquía) para logo saír con ela, pero chegan Nicolas e Hervé polo das zapatillas e Azra enfádase con Odd e insúltalle en turco.

Pouco despois, o Skidbladnir conéctase a unha torre da Réplica do deserto e Jeremie tenta transportar a Yumi e Odd pero só funciona coa primeira, así que Ulrich é transportado en lugar de Odd. Unha torre actívase e Aelita e Odd diríxense cara a alá. Ulrich e Yumi atopan a base militar, mentres que Jeremie envía os vehículos a Odd e Aelita, e nese momento Odd empeza a paralizarse, coma se detivésese nunha gravadora de cinta. En Novo México, Ulrich pregunta a Yumi cal dos monstros de XANA son peores, e ela di que as cascudas e Ulrich di que os megatanques. Entón unhas cascudas se teletransportan e atácanos, os dous Guerreiros de Lyoko conseguen escapar entrando á base.

Na Réplica, Aelita e Odd atópanse con tres vespas. Odd destrúe a unha delas. Mentres Ulrich e Yumi pelexan con máis cascudas e tentan deixalos atrás para atopar o xerador, Aelita e Odd tentan acabar coas vespas, Odd destrúe uno pero volve paralizarse e cáese do seu Overboard. A vespa desvirtualízao e logo é destruído por Aelita. Ulrich e Yumi chegan á sala de máquinas. A torre atópase nun canón cheo de alicerces, nada máis entrar ao canón Aelita é perseguida por mais vespas. Ela desfaise da maioría ata que só queda unha vespa, pero un erro fai que caia do Overwing, entón tenta seguir cara á torre camiñando. Ulrich e Yumi son atacados por máis cascudas, Ulrich destrúeos facilmente.

Jeremie atopa a supercomputadora da Réplica, pero William-XANA aparece diante do Skid e ameaza con atacalo. Ulrich ou Yumi teñen que volver para evitar que William-XANA poña o código: XANA na torre e desenganche o Skid. Yumi é a que vai enfrontalo e volve á nave. Ulrich chega á supercomputadora pero esta infestado de cascudas. Aelita acaba coa última vespa, pero ao dirixirse á torre, é desvirtualizada.

Na Réplica, Yumi pelexa contra William-XANA e véncelle ao facerlle caer un alicerce encima, pero tamén é desvirtualizada. Jeremie descobre que o erro está no programa de virtualización, pero nin el sabe que é. Unhas tarántulas virtualízanse na Réplica e empezan a disparar ao Skid. En Novo México, Ulrich fai fronte ás cascudas acabando con elas facilmente, ao final destrúe a supercomputadora antes de de ser desvirtualizado e volver ao Skid. Jeremie fai que o Skid salga da Réplica cun programa de piloto automático, xusto antes de que a Réplica destrúase. Misión cumprida.

Na noite, Odd entende que está maldito, pero ve que Azra esquece o seu teléfono móbil na súa cadeira. Odd cólleo e despois recibe unha chamada deste teléfono para devolverllo á súa antiga amiga, pero cando o fai atópase cara a cara con Jim. Odd estrañar porque ao profesor de ximnasia gústalle a cor rosa, e este responde que prefire non falar sobre isto.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
82: Memorias distantes 83: Mala sorte 84: Mísil guiado
Advertisement