O lago | |
Título orixinal (francés) | Le lac |
Título en inglés | The Lake |
Nº de episodio total | 76 |
Tempada | 4 |
Episodio na tempada | 4x11 |
Data de lanzamento orixinal | 24 de agosto do 2007 |
Tipo de episodio | Ataque de XANA |
Episodios de Código Lyoko | |
anterior Choiva quente |
seguinte Perdida no fondo do mar |
O lago é o episodio 11 da tempada 4 e o episódio 76 da serie Código Lyoko. Estreouse o 24 de agosto do 2007 en Francia.
Argumento[]
Aelita, Odd, Ulrich e Jeremie van de excursión co resto da súa clase a unha illa no medio dun lago para estudar unha basee da auga. Jim está a meter os bolsos dos seus alumnos na equipaxe actuando como sempre dando instrucións. Jeremie e Aelita falan dun novo programa instalado na supercomputadora.
Sissi tenta levar moitas cousas aínda que a excursión sexa un só día, Jim e a señora Hertz tiveron que deixar que leve estas cousas polas súas insistencias. Durante o camiño, Odd revela meter a Kiwi no seu bolso porque non pode deixalo só durante dous dias, pero Jim descóbreo. Yumi, que non é parte da clase, queda por dous exames importantes.
A clase de 3º chega ao seu destino, mentres se dirixen á illa, Jeremie dáse conta de que nun lugar tan illado non hai cobertura polo que non pode acceder á supercomputadora. Aelita chama a Yumi para advertirlle que debe revisar regularmente se algo ocorre en Lyoko. Yumi diríxese á fábrica a pesar do segundo exame.
Na illa, os alumnos empezan a acampar para logo estudar baséea da auga. Jeremie atópase preocupado por se XANA ataca nese momento, sendo acougado por Aelita. Yumi chega á supercomputadora e revisa, non ve ningún problema, pero cando estaba a piques de irse ve que se detecta unha torre activada. Unha descarga de electricidade sae dun poste e entra ao auga formándose un lodo, este vaise achegando á beira onde están Hertz e os seus alumnos, nun momento todos volve ao interior, pero Nicolas ve o lodo negro ao que toca cun pau e electrocútase, Heïdi Klinger é a única que ve iso, entra en pánico e avisa a Jim e a Hertz para que o axude.
No sector 5, a Scyphozoa entra ao núcleo para atacar ao Skid. De volta á illa, Jeremie, Ulrich, Sissi, Hervé, Heïdi, Jim e Hertz axudan a Nicolas, Jim regresa ao campamento para traer primeiros auxilios, de súpeto sae unha descarga eléctrica na mesma beira que deixa inconscientes a Hervé, Heïdi e a señora Hertz. Jeremie e Ulrich pensan que é XANA.
A Scyphozoa empeza a atacar ao Skid, Yumi nota iso e tenta chamar a Jeremie. Este idea un plan para escapar da illa. No sector do xeo, William-XANA e dous cangrexos aparecen fronte á torre activada. Jeremie contacta con Yumi, quen lle explica o que sucede en Lyoko, ao que Jeremie dálle as instrucións para axudar ao Skid, pero o intento non funciona, asi que Aleita, Ulrich e Odd acceden ao seu plan para escapar da illa e Jeremie dálle as instrucións para que se virtualice.
Hervé, Nicolas e Heïdi recupéranse, Odd chega para pedirlle axuda a Jim porque Kiwi está nun bote no medio do lago. Iso é unha distracción para que Ulrich e Aelita escapen; por pouco non o logran, xa que cando Jim ve a Ulrich, o lodo electrificado empeza a perseguir o seu bote e logra electrocutalo, pero antes Ulrich deulle ao bote o impulso necesario para alcanzar a beira. Yumi virtualízase e loita cos dous cangrexos destruíndo a un. O bote chega á outra beira con Ulrich inconsciente, do mesmo xeito que Jim, pero do bote sae Aelita quen coa bicicleta de Sissi diríxese á fábrica. O cangrexo esquiva un abano e dispara a Yumi facéndoa caer dentro da torre, pero igual o abanico dálle. Yumi tenta saír pero William-XANA aparece detrás dela.
O lodo de electricidade chega a terra, Odd advírtello a Jeremie. Yumi e William-XANA pelexan ata que Yumi faille lembrar cando era bo, William parece volver en si. Na illa, os raios empezan a atacar provocando pánico. Aelita chega á fábrica. Jeremie consegue facer un pararraios, pero calcula que entre máis aumente a intensidade dos raios, a masa da illa irase debilitando ata que un raio faga que a illa enteira se desintegre pola calor. William parece volver á normalidade, pero só por un momento, e volve William-XANA.
Aelita activa varias torres á vez, facendo que o Skid reciba superescudos que aparentemente destrúen á Scyphozoa. Despois Aelita virtualízase xusto a tempo antes de que William-XANA derrote a Yumi, desvirtualizándoo a el. Jeremie leva aos seus compañeiros ao pararraios. Aelita desvirtualiza a Yumi e entra á torre á que desactiva salvando á clase, Yumi lanza un regreso ao pasado.
No autobús Aelita explica como salvou ao Skid. Odd revela que non leva a Kiwi porque Yumi está a ocuparse do can.
Galería[]
Sucesión de episodios[]
Episodio anterior | Episodio actual | Episodio seguinte |
---|---|---|
75: Choiva quente | 76: O lago | 77: Perdida no fondo do mar |