Wiki Código Lyoko
Advertisement
Escenas repetidas
Lyoko46
Título orixinal (francés) Empreintes
Título en inglés Déjà Vu
Nº de episodio total 46
Tempada 2
Episodio na tempada 2x20
Data de lanzamento orixinal 18 de xaneiro do 2006
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Guerra fría
seguinte
En forma

Escenas repetidas é o episodio 20 da tempada 2 e o episódio 46 da serie Código Lyoko. Estreouse o 18 de xaneiro do 2006 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza cun soño de Aelita: está no Eremitorio, e de súpeto preséntanse diante dela os homes de negro e están ameazadores. Mentres un deles adiántase, Aelita espértase gritando só para descubrir que se trataba dun pesadelo.

Esa noite, Aelita vai ao lavabo, e lávase a testa. Sissi, que fora espertada por Aelita, vén e pregúntalle que lle pasa, e Aelita ponse a chorar. Sissi dillo a Jim, e el acompáñaa á súa habitación. Jeremie pregúntalle se está ben, pero Aelita dille que non se preocupe. Todos saen dos seus cuartos, pero Jim obrígalles a volver durmir.

Ao día seguinte Aelita dille a Jeremie o do seu pesadelo cos homes de negro. Yumi dille que non se preocupe. Illado, Odd está a falar dunha rapaza que coñeceu recentemente por comunicación virtual. Jeremie di que non pode saltarse as clases de piscina, e ten que ir.

Pola tarde están na piscina, e Jim fai un discurso. Odd está a buscar quen é a rapaza. Cando todos prepáranse para nadar e Odd e Ulrich xa saltaron, Aelita de novo ten visións máis precisas: Está de novo no Eremitorio cos homes de negro, e ela escápase cun adulto polas cloacas. No seu delirio, ela tropeza, cae á auga, e Jeremie salta á auga e salva a Aelita de afogarse.

En clase da señora Hertz, Odd descobre que a moza é da súa clase. Entón Jeremie detecta unha torre activada por XANA, e el, Odd e Ulrich piden saír, pero a señora Hertz non lles deixa e deben quedar na aula.

Preocupada por estes acontecementos, Aelita sae da súa clase para chegar ó Eremitorio, e alí é acosada de novo por visións e parece revivir esa escena que xa viu e ve a un home no piano (Franz Hopper). Mentres tanto, a clase da señora Hertz xa terminou. Aelita únese aos seus amigos na pasaxe secreta do Eremitorio, mentres que os outros Guerreiros de Lyoko chegan despois das clases.

Na batalla no sector do deserto de Lyoko rapidamente gañan pola coordinación dos Guerreiros de Lyoko, pero contra todo prognóstico, en lugar de desactivar a torre, Aelita embárcase a bordo do transportador para o sector 5.

Pedindo desculpas a Jeremie, ela di que necesita respostas, antes de desaparecer na esfera azul enviada por XANA. Preso do pánico, Jeremie di aos outros que vaian rapidamente a buscala, e introduce o código: SCIPIO, aparecendo o transportador.

Chegan ao sector 5 Odd, Ulrich e Yumi, pero Aelita insiste en buscar información na interface do sector 5. Alí a Scyphozoa vén e tenta roubar a memoria de Aelita, pero os seus amigos veñen e sálvana.

Durante a loita contra mantas ao exterior, a Scyphozoa aparece de novo, pero outra vez fracasa no seu intento de roubar a memoria de Aelita. Volven ao deserto e finalmente desactivan a torre.

Na Terra, Aelita descúlpase polo dano causado e dáse conta de que as súas visións foron planeadas probablemente por XANA para atraela ao sector 5 coa Scyphozoa. Durante este tempo, Odd dáse conta que a misteriosa moza non é outra que… Sissi! El escápase para non atoparse con ela.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
45: Guerra fría 46: Escenas repetidas 47: En forma
Advertisement