Wiki Código Lyoko
Advertisement
Melodía mortal
Lyoko18
Título orixinal (francés) Musique mortelle
Título en inglés Killer Music
Nº de episodio total 18
Tempada 1
Episodio na tempada 1x18
Data de lanzamento orixinal 31 de decembro do 2003
Data de lanzamento (Galicia) 4 de agosto do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Amnesia
seguinte
Fronteira

Melodía mortal é o episodio 18 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 31 de decembro do 2003 en Francia e o 4 de agosto do 2007 en Galicia.

Argumento[]

O episodio empeza con que Odd está a escoitar música mentres que Ulrich está a estudar (ou tenta estudar) para un exame (a música chámase “Sé malo”). Afirma que ninguén sabe quen a escribiu. Despois Odd comeza a molestar a Ulrich para escoitar a música tamén, Ulrich afástase e vai ao dormitorio de Jeremie, onde Jeremie traballa nun robot. Odd queda con Kiwi e segue escoitando a música, pero de súpeto queda inconsciente na cama mentres Kiwi salta, apaga a música coa pata e ponse a ladrar para pedir axuda.

Ulrich termina durmindo na habitación de Jeremie, pero constantemente espértase durante a noite debido a Jeremie, ao parecer, fala no seu soño sobre Aelita, para a súa vergoña e a felicidade de Aelita. Ela, mentres tanto, está nunha torre.

Odd non chega a almorzar, Jeremie preocúpase pola súa ausencia pero a Ulrich dálle igual. Na cafetaría, Sissi tamén está a escoitar a música, e Nicolas e Herb non saben que tipo de música é, e ela dilles que deben aprender máis.

Pola mañá chega Yumi. Máis tarde asisten a clase, e cando Odd non se presenta para o seu exame, van e tratan de atopar que pasou con el. Atópano sorrindo e con todo, inconsciente e lévano á enfermaría.

A enfermeira decátase que o pulso de Odd é perigosamente baixo, e transpórtao ao hospital, e Ulrich e Jeremie queren ir con el. Ao principio o sr. Delmas non lles deixa saír do colexio, pero ao final comprende que son os seus amigos e déixalles acompañalo. Yumi queda.

Mentres tanto, Sissi queda inconsciente por culpa da súa música, e Yumi dáse conta que é a canción. Jeremie contacta con Aelita, e ela vai ver se nota pulsaciones. Yumi vai á fábrica, e chama a Jeremie dicindo que a música (a canción “Sé malo” que Odd descargara a noite anterior) foi feita por XANA; polo visto, é unha forma de ataque disfrazada de canción, pero que en realidade era unha mestura de sons de música tecno feita para que o corazón de calquera que a escoite vaia gradualmente parando de latexar, e XANA, usando os medios masivos de comunicación, estaba a tocar a canción a todos os recunchos posibles para atacar á maior xente posible. Moi pronto toda a escola (e eventualemente toda a cidade) está inconsciente, e XANA mesmo ataca á enfermeira Yolande Perraudin. Mentres tanto, Jeremie conversa con Aelita sobre posibles torres activadas.

Jeremie e Ulrich chegan á fábrica e Yumi está en camiño. Jeremie virtualiza a Ulrich no sector das montañas, e atópase con Aelita. Máis tarde chega Yumi, e Jeremie tamén a virtualiza en Lyoko para axudar a Aelita. Son atacados por un grupo de bloques, que logran conxelar a Ulrich.

Jeremie está a mirar a televisión, que fala sobre unha epidemia descoñecida que está a atacar Boulogne-Billancourt. Entón vese unha chea de xente tirada no chan, inconsciente como Odd e os demais.

Ulrich está conxelado durante 3 minutos. Entón aparece Yumi, e xunto con Ulrich van protexer a Aelita. Yumi sobrevive e corre con Aelita á torre. Ulrich sacrifícase polas dúas e é desvirtualizado. De súpeto, a música empeza a tocar na fábrica. Jeremie logra programar un regreso ao pasado antes de que el quede inconsciente tamén. Ulrich, que sae polos escáneres, acaba quedando inconsciente.

Aelita e Yumi saltan por unhas pedras flotantes. Yumi case cae ao Mar dixital, pero Aelita continúa. Ela fai uns saltos nunhas pedras giratorias, e consegue entrar na torre. Pero antes que todo París (e pronto o mundo enteiro) morra, Aelita desactiva a torre, actívase o regreso ao pasado e todo se remonta aos días antes do exame.

Esta vez, Odd descarga unha melodía diferente chamado “Baixo o meu alpendre” polos Subsonics, que segundo el é unha canción que “unha máquina” nunca escribise. Odd está a referirse a XANA? Así termina o episodio, e Ulrich queda con Odd na súa habitación.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
17: Amnesia 18: Melodía mortal 19: Fronteira
Advertisement