Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Regreso á Terra
Lyoko93
Título orixinal (francés) Retour
Título en inglés Down To Earth
Nº de episodio total 93
Tempada 4
Episodio na tempada 4x28
Data de lanzamento orixinal 3 de novembro do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Suor fría
seguinte
Loitar ata o final

Regreso á Terra é o episodio 28 da tempada 4 e o episódio 93 da serie Código Lyoko. Estreouse o 3 de novembro do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza en Kadic, onde os Guerreiros de Lyoko están preocupados por Jeremie porque desde que se decatou que XANA controla centenares de computadores e ten centenares de Réplicas, non sae do seu computador ou do laboratorio da fábrica. Entón aparece e fai unha broma a Aelita, e logo di que ten unha boa noticia: sabe como destruír a XANA!

Cun virus múltiple, grazas ás notas de Franz Hopper e os datos do Mar dixital recollidas co Skid. Tamén ten a forma de liberar a William de XANA porque como enviou a William-XANA á Terra, Aelita colleu datos da torre activada; pero para executar o programa para liberalo, o equipo ten que viaxar a unha das Réplicas (irán á do sector do xeo) e executar o programa.

En Kadic, chegaron os pais de William, que notan que o seu fillo está moi raro, e o sr. Delmas pregunta sobre a viaxe ao estranxeiro e os señores Dunbar non saben nada. Mentres tanto, o Skidbladnir chega á Réplica do xeo.

Na cafetaría, o clon polimórfico de William segue dicindo “bobadas lóxicas” e até di o que realmente é, e os pais cada vez estráñanse máis. Na Réplica, amarran o Skid e Jeremie teletransporta a Odd e Aelita á base militar de Siberia.

No despacho do director, os señores Dunbar dinlle ao sr. Delmas que o William que está con eles non é o seu fillo. O director comenta outra vez o da viaxe e fala da gripe, e os pais de William non saben nada. Na Réplica, William-XANA aparece con mantas.

Jeremie envía os vehículos. Mentres XANA empeza a reunir enerxía de todas as Réplicas, Odd e Aelita en Siberia atópanse unha sala con centenares de robots; Jeremie especula que XANA pretende usalos para esclavizar a humanidade. Odd fai unha broma a Aelita dicindo que un se moveu, pero ao final é verdade e os robots tentan atacalos.

Na Réplica, Yumi destrúe unha manta e Ulrich empeza a loitar contra William-XANA entreténdoo, pero este lánzase ao Mar dixital e sae o Koloso que no seu ombreiro leva a William-XANA.

Ulrich sóbese ao gran monstro para tentar cravarlle a katana ó seu Ollo de XANA como calquera dos monstros de XANA, e Yumi lánzalle o seu abano ao Ollo do cara pero non serve, ten outro ao brazo. Entón Jeremie executa o virus múltiple para deter ao Koloso, e crea unha plataforma de xeo que o inmobiliza durante un tempo.

En Siberia, Aelita vai a unha terminal de computador para executar o programa, mentres Odd queda a loitar contra os robots, que o vencen e volve ao Skid. Na Réplica, o Koloso empézase a mover e desvirtualiza a Yumi.

En Siberia, os robots entran onde está Aelita e desvirtualízana, pero antes executou o programa. Na Réplica, Ulrich é desvirtualizado, pero cando William-XANA gritaba “Vitoria”, Odd cunha frecha láser o desvirtualiza e conseguen traer de volta a William outra vez á Terra.

Pero o Koloso vai a por o Skid e destrúeo, pero Aelita se desvirtualiza antes. En Kadic, Sissi di que o grupo de Jeremie ten a culpa, e ao final o clon de William, os pais dele, o director e Jim van falar con Jeremie sobre que William compórtase raramente.

Nese momento, Jeremie desactiva a súa torre, elimina ao clon e sae da habitación o verdadeiro William, pero no proceso, Jim viu desaparecer ao clon! Ao final os Guerreiros están felices de que William volveu pero laméntanse pola perda do Skid.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
92: Suor fría 93: Regreso á Terra 94: Loitar ata o final
Advertisement