Código Lyoko: Evolución (orixinalmente Code Lyoko: Evolution) é a continuación oficial de Código Lyoko. Esta é a quinta tempada da serie, pero é un live-action, partido no mundo real con actores reais e o mundo virtual en 3D.
Historia[]
A historia pasa un ano despois que a supercomputadora foi desactivada cando novos feitos acontecen en Kadic indicando que XANA regresou, facendo que Aelita, Jeremie, Yumi, Odd, Ulrich e William deban volver ás actividades en Lyoko. Co pasar do tempo o grupo precisa da axuda de Laura Gauthier quen acaba sendo o sétimo membro do equipo.
Novidades[]
As personaxes son interpretadas por actores reais, así como os lugares na Terra, pero en Lyoko seguen en animación CGI 3D. MoonScoop iniciou unha pequena proba para mozos e mozas franceses de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, para decidir quen interpretaría no mundo real as personaxes da serie. A proba terminou o 1 de abril do 2012 e os adolescentes que interpretan as personaxes da serie xa foron seleccionados, e xa se coñeceron. A rodaxe empezou o 2 de xullo do 2012 e a partir dese momento gravaron oito semanas seguidas terminando o 30 de agosto, pero a animación 3D acabou en novembro do 2012, e estreouse en Francia o 19 de decembro do 2012. En España estrearase pola canle Boing, pero non se sabe a data da estrea.
XANA volve á serie, pero hai uns novos antagonistas: os Ninjas, que foron confirmados hai un tempo, controlados polo profesor Tyron, un novo antagonista engadido en Código Lyoko: Evolución que estaba previsto que se engadise na tempada 4 co nome de Alan Meyer pero non había espazo para el. Hai un novo territorio chamado Cortex, unha nova réplica creada polo profesor Tyron, o novo antagonista. Esta réplica está conectada directamente coa supercomputadora. O chan deste territorio está composto de elementos que se conectan aos módulos entre si para formar o panorama mundial. Este chan cambia, por tanto os Guerreiros de Lyoko precisan dun novo vehículo: o Megapod. Está composto de moitos eixos e tubos que rodean unha pequena esfera planetaria, onde se atopa o núcleo de Cortex. Neste sector Aelita atopa indicios da súa nai, Anthea Hopper, onde a volve atopar despois de moito tempo, pero non se chegan a ver en persoa.
Outra das grandes novidades é que hai unha sétima protagonista interpretada por Pauline Serieys, e chámase Laura Gauthier.
Reparto[]
Ao reparto foron feitas audicións en Francia con adolescentes para os papeis principais, e o reparto xeral quedou así dividido:
Reparto principal[]
Actores | Personaxes |
---|---|
Marin Lafitte | Jeremie Belpois |
Léonie Berthonnaud | Aelita |
Mélanie Tran | Yumi Ishiyama |
Gulliver Bevernaege-Benhadj | Odd Della Robbia |
Quentin Merabet | Ulrich Stern |
Diego Mestanza | William Dunbar |
Pauline Serieys | Laura Gauthier |
Reparto secundario[]
Actores | Personaxes |
---|---|
Bastien Thelliez | Jim Moralés |
Eric Soubelet | Jean-Pierre Delmas |
Hugues Massignat | Franz Hopper |
Clémency Haynes | Elisabeth (Sissi) Delmas |
Sophie Fougère | Suzanne Hertz |
Louise Vallat | Samantha Knight |
Frank Beckmann | Profesor Tyron |
Episodios (2013)[]
Diferenzas[]
- Kiwi, o can de Odd, non está presente nesta tempada. Odd explica no episodio 113 (Obstinación) que deixou Kiwi coas súas irmás.
- Ulrich e William comezan a converterse en amigos.
- A apertura foi modificada, modificando a música tema e as imaxes.
- Sissi fai só dúas pequenas aparicións, a diferenza das outras tempadas onde aparecía en boa parte dos episodios.
- Hervé e Nicolas non están presentes nesta tempada. Nicolas é só citado nun episodio.
Ligazóns externas[]
- Código Lyoko: Evolución na Galipedia
- Sitio oficial de Código Lyoko (en francés e inglés)
Sucesión de tempadas[]
Tempada anterior | Tempada actual |
---|---|
Tempada 4 | Código Lyoko: Evolución |