Fandom

Wiki Código Lyoko

Espionaxe

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Espionaxe
Lyoko115.jpg
Título orixinal (francés) Espionnage
Título en inglés Espionage
Nº de episodio total 115
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x20
Data de lanzamento orixinal 13 de decembro do 2013
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Trampa
seguinte
Falsos dobres

Espionaxe é o episodio 20 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 115 en total de Código Lyoko. Estreouse o 13 de decembro do 2013 en Francia.

Argumento

Aelita está a falar con alguén na rede social sobre Anthea Hopper, a súa nai. A persoa dille que pasou moito tempo desde que enviou a súa mensaxe e a xente vaise desinteresando no asunto co tempo ao aburrirse, e por iso pasaron a algo novo, sabendo que hai centos de mensaxes sobre os desaparecidos. Descúlpase e Aelita desanímase.

Nunha habitación, Jeremie anuncia aos outros que creou un programa deseñado para hackear o monitoreo de rede de Tyron para establecer contacto con Anthea. Este programa permitirá que a conversación que se faga na interfaz poida ser escoitada por Jeremie e os outros. Aelita suxire que Laura non estea con eles da misión e William queda atrás para manter un ollo nela.

Os Guerreiros de Lyoko non atopan problemas para ir a Cortex, chegan ao núcleo sen oposición, pero cando Aelita mete o cartón e Jeremie executa o programa, un sistema de seguridade imprevisto actívase, Tyron aparece na pantalla e envía aos Ninjas. O científico non se deu conta do seu sistema pirata, polo que Jeremie di que necesitará un minuto para restaurar a conexión entre o vídeo e o computador. Na batalla, Odd e Yumi son desvirtualizados, pero Aelita loita ferozmente vencendo a moitos Ninjas, pero aparecen máis e desvirtualizan a Ulrich. Aelita lanza dous campos de enerxía ao chan producindo un escintileo que cega temporalmente aos dous Ninjas restantes e escóndese nunha pequena plataforma cadrada debaixo da principal, e é indetectable para os Ninjas e os picos que saen das paredes. Un Ninja quita o cartón cando quedaba un segundo no reloxo, a misión non funcionou. Os Ninjas volven ao laboratorio de Tyron.

Aelita ve a pantalla a través dun buraco no chan, oculto debaixo dunha plataforma segura nunha plataforma máis pequena, en forma de cadrado que colga da principal. Jeremie di que vai traer de volta a Aelita, pero négase. Ela aínda pode escoitar o son e pode ver a pantalla desde o seu agocho sen ser detectada polo sistema de seguridade, polo que prefire quedar alí e esperar a que a súa nai volva atrás e tentalo de novo máis tarde. Ela e Jeremie están de acordo en que ela quedará ata que a clase de ximnasia, sendo substituído por un clon polimórfico na escola.

Jeremie ten moi pouco tempo para crear o clon, polo que termina sendo moi imperfecto. Ten a forma de Aelita, pero non actúa como un ser humano normal e non pode falar. Odd e Ulrich ponse a cargo dela polo momento, para que non levante sospeitas.

En Cortex, Anthea aparece na pantalla. Aelita sobe por encima da plataforma e chama á súa nai, que se achega á cámara e recoñece á súa filla. Aelita está chea de emoción, pero pronto se disipa cando Anthea di que nunca poderán volver verse. Aelita cuestiona isto e Anthea grítalle que non quere volver ver á súa filla de novo, estalando en píxeles. Aelita espértase gritando no seu agocho. Ela revisa a pantalla, non hai ninguén. Foi só unha alucinación.

Ulrich e Odd constantemente teñen que inventar escusas de por que o clon non fala, que non responde en clase nin toma notas, o que enfurece a señora Hertz. Odd pretende dicir que está enfermo, para que poidan saír da clase. Laura achégaselles e pregunta a Aelita que lle pasa, pero o clon non di nada, simplemente dálle unha mirada en branco, polo que Laura queda máis enfurecida.

Ao comezo da clase de ximnasia, Jeremie chama a Aelita en Cortex, dicindo que ela prometeu que xa estaría con el a esas horas. Aelita pide quedar máis tempo, dicindo que despois da clase de ximnasia ten toda a noite para esperar. Ela está verdadeiramente desesperada por ver á súa nai de novo. Jeremie cede e vaise con Ulrich, mentres Odd queda co clon.

En clase, Jim métese co clon, ordenándoa facer unha parada de mans en fronte da clase. Faio moi perfectamente e cunha soa man, pero logo cae inconsciente. Odd finxe que era algo na comida, e logo lévaa ao parque para Jeremie pode desfacerse do clon de forma permanente.

Esa noite, Aelita chama a Jeremie. A súa nai apareceu. O xenio ponse a correr e vai inmediatamente á fábrica. Pero Aelita non terá moito tempo antes que Tyron envíe os seus Ninjas, así Jeremie dille que teñen que ser moi precisos.

Aelita sóbese encima da plataforma e chama á súa nai, que está sentada en fronte da pantalla cun colar en forma de corazón. Ela levanta a vista, confundida. Aelita repite o seu nome unha e outra vez, dicindo que ela está viva. Tyron entra e esixe saber quen está a falar. Aelita segue repetindo a súa mensaxe, pero Anthea non a pode crer: ela cre que a súa filla morreu!

Aelita explica brevemente que Franz Hopper salvara levándoa a Lyoko, e finalmente Anthea crea. Ela rumorea o nome da súa filla pero Tyron apaga a cámara. Un Ninja aparece detrás de Aelita, pero ela non se resiste. Aelita vólvese cara a el cunha expresión pétrea no seu rostro, e permítelle que a desvirtualice.

Aelita camiña de volta a Kadic con Jeremie. Yumi e Aelita abrázanse, e Aelita pregúntase se a súa nai realmente captou a mensaxe. Jeremie asegúralle que Anthea agora sabe que a súa filla está viva, e o ánimo de Aelita reavivouse.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
114: Trampa 115: Espionaxe 116: Falsos dobres

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou