FANDOM


Un espectro é unha especie de espírito (formado, seguramente, por enerxía eléctrica e datos de ordenador) que xera un corpo. Pode se-lo espectro de XANA, cando posúe alguén ou crea un clon polimórfico (ou cando Jeremie posúe Odd), ou cando Jeremie teletransporta os Guerreiros de Lyoko á Terra (ou cando XANA teletransporta William-XANA ou as cascudas).

Normalmente xorden de calquera cousa eléctrica, como enerxía, cercas eléctricas, ou ordenadores. Non obstante, tamén poden provir doutras cousas como o disipador de baño, que podería significar que requiren un material condutor (por exemplo, un metal ou auga). Isto pode significar que XANA é unha forma de enerxía en si, aínda que non sexa confirmado.

Os espectros poden entrar nun corpo, controlando tódalas súas funcións e concedéndolle súper-poderes. Outras veces, o mesmo espectro pódese usar como unha arma para entrar no corpo dunha persoa e así bloquea-las súas vías aéreas, levándoos a sufocarse.

Independentemente de quen estea posuído, o espectro deixa o control da posesión cando o ataque de XANA é neutralizado.

XANA, para manda-los espectros á Terra, manda un impulso dixital que traballa nunha hipervelocidade a través de tódalas redes e reúne grandes cantidades de enerxía e despois navega polos cabos eléctricos e sae por onde XANA escoller e o impulso pasa como un espectro. Esta información foi dita no episodio 47 (En forma).