Fandom

Wiki Código Lyoko

Encontro

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Encontro
Lyoko106.jpg
Título orixinal (francés) Rendez-vous
Título en inglés Rendezvous
Nº de episodio total 106
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x11
Data de lanzamento orixinal 9 de marzo do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
O espertar do guerreiro
seguinte
Caos en Kadic

Encontro é o episodio 11 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 106 en total de Código Lyoko. Estreouse o 9 de marzo do 2013 en Francia.

Argumento

En Lyoko, unha torre do deserto e outra das montañas empezan a activarse e desactivarse constantemente, algo entra ao computador de Aelita e parece estar a escribir unha mensaxe.

Jeremie espértase pola alarma do seu móbil e avisa aos outros menos a Laura. Yumi e William camiñan e atopan a Jim practicando Tai Chi, como ten os ollos pechados evítano facilmente. Aelita ve a mensaxe no seu computador onde lle di que se quere saber da súa familia que vaia ó Eremitorio.

No laboratorio, Jeremie ve que se activaron dúas torres as cales se alteran entre se e só hai un breve momento na que se pode entrar. Deciden que se fagan dous equipos. Como Aelita non chegou, Jeremie a chama, a rapaza dille que irá á fábrica pronto, acto seguido queda pensando na mensaxe.

Laura aparece ao haber escuhado o son do móbil, tras decatarse de que hai unha misión, Aelita dille que vaia á fábrica sen ela. Ulrich e Yumi se virtualizan no deserto e Odd e William nas montañas e ponse en marcha.

Aelita atópase con Jim e evítao aínda que pisou un pau. Odd empeza a manguarear falando con William, este sálvao duns bloques aos que destrúe facilmente e seguen o seu camiño.

Laura chega ao laboratorio e dille o de Aelita, que xa chegou ó Eremitorio, unha muller loura aparece e dille cousas do pasado, Jeremie dálle o seu posto a Laura e sae a buscar a Aelita. Laura comunícase cos Guerreiros de Lyoko e eles dinlle que as torres están parpadeando e necesitan saber en que momento están activadas á vez.

Jeremie non atopa a Aelita na súa habitación, ve a mensaxe deixada na pantalla e vai de inmediato ó Eremitorio, ocórrelle o mesmo de pisar o pau mintas Jim adestra, pero tamén o evita, chama a Laura para que os demais déanse présa en desactivar as torres.

A loura ten un plan pero primeiro fai unha comprobación. Mentres Yumi e Ulrich loitan cos cangrexos, Laura di que debe haber un patrón entre as torres, un tipo de secuencia repetitiva de aceso e apagado. Aelita descobre que a muller é a súa nai, Anthea, e corre cara a ela.

Laura avisa que hai un patrón, pero debe atopalo. Jeremie chega ó Eremitorio e arrastra a Aelita lonxe do lugar. Laura descobre o patrón: XANA usa números primos, activa unha torre e logo a outra, despois de que se apagan as dúas torres por un segundo, acéndese a torre 1, daquela a torre 2, de novo a torre 1, facendo 3 interruptores ata que cheguen a 11, despois do cal, reiníciase a secuencia e mantés as torres activadas por un segundo.

Os Guerreiros teñen que estar en sintonía para entrar ás torres en 13 segundos cando a secuencia reiníciese. Jeremie explícalle a Aelita que a súa nai era un espectro, pero como Aelita non sentiu un efecto secundario non lle cre e corre de novo ó Eremitorio.

Cando Laura avísalles do reinicio da secuencia, os Guerreiros corren cara ás torres, Yumi e Odd entran e desactívanas salvando a Aelita aínda que perdeu algúns códigos fonte. Jeremie consólaa dicindo que XANA é un temible rival, usa os seus maiores secretos para enganalos e que non está soa, que pode contar con el e cos demais, lémbralle que XANA tamén comete erros e promete que o derrotasen para sempre.

No laboratorio, ven que Aelita perdeu unha chea de códigos, XANA volveu a recuperar o 80% do seu poder (xa que no episodio 104 Como enganar a XANA perdeu parte do poder polos códigos falsos). Os demais a consolan e ao final Aelita dálle as grazas a Laura.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
105: O espertar do guerreiro 106: Encontro 107: Caos en Kadic

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou