Fandom

Wiki Código Lyoko

En forma

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En forma
Lyoko47.jpg
Título orixinal (francés) Au meilleur de sa forme
Título en inglés Tip-Top Shape
Nº de episodio total 47
Tempada 2
Episodio na tempada 2x21
Data de lanzamento orixinal 25 de xaneiro do 2006
Tipo de episodio Ataque de XANA
Ataque de Jeremie
Episodios de Código Lyoko
anterior
Escenas repetidas
seguinte
Anda alguén aí?

En forma é o episodio 21 da tempada 2 e o episódio 47 da serie Código Lyoko. Estreouse o 25 de xaneiro do 2006 en Francia.

Argumento

O episodio empeza con que é o día da visita médica na academia Kadic. Julien Xao está a estudar a táboa da vista, para non levar lentes. Odd está a facer flexións, e cando Ulrich di que é flacucho, el responde que é esvelto.

Jeremie preocúpase porque Aelita non ten cartón de saúde para as vacinas. Yolande di que Odd é flacucho, e el volve responder que é esvelto; mentres tanto Jeremie detecta unha torre activada, e chama a Yumi. Ela está a facer unha carreira, e sae correndo para ir á fábrica, sendo a máis rápida.

Ulrich está a esperar a súa quenda, mentres que pasan Sissi e Aelita. Sissi é sorprendida polo seu peso que supera as súas expectativas, mentres que Aelita explica que este non é o momento de facer un escándalo, XANA vai ao ataque, e toma o control de Yolande, quen de inmediato secuestra a Aelita, deixando asustada a Sissi.

Ulrich salta detrás de Yolande, porque se imaxina que está posuída. Jeremie, Yumi e Odd métense polos sumidoiros cara á fábrica e a distancia deles máis adiante Yolande vai con Aelita.

Jeremie bloquea, pola súa banda, o montacargas e executa o seu novo programa mediante a activación dunha torre que pode dar a alguén capacidades similares aos espectros de XANA na pixelación: En vez ser de posuído por XANA, estará semi-posuído por Jeremie!

Este toma o control dunha torre, por primeira vez, e aparece que a rodea un halo verde e por tanto aplícase o programa que se executa en Odd para loitar contra Yolande, que se apunta como voluntario.

Ulrich vai loitar contra Yolande, mentres Jeremie executa o programa. Yolande lanza esferas de electricidade a Ulrich, e entón Jeremie executa o programa. Odd sofre un pouco, pero acaba semi-posuído por Jeremie, e di que sente ben. E vai axudar a Ulrich.

A loita é dura para o pobre Odd, porque mesmo na súa mellor forma, debe enfrontarse a unha poderosa Yolande que lanza esferas de electricidade. A situación complícase cando XANA toma o control da torre activada por Jeremie, e por tanto comeza a drenar a enerxía vital de Odd.

Teñen que actuar con rapidez para que non morra de esgotamento, polo que Aelita e Yumi van ao sector das montañas, deixando a Ulrich para limpar o sector do bosque de monstros de XANA defendendo a torre.

Loitando contra a néboa que cobre XANA o chan das montañas, e guiados por Jeremie, Yumi e Aelita logran desactivar a torre que Jeremie había activado e logo XANA tomou o control, pero Yumi é desvirtualizada polas vespas. Aelita, soa, regresa ao sector do bosque onde Ulrich, dividido en tres, destrúe aos cangrexos que había. Aelita desactiva a torre cando Yolande preparábase para asestar o golpe final a Odd e Jeremie.

Os adolescentes traen á enfermeira de novo a Kadic e desmenten as palabras de Sissi dun “secuestro hipotético de Aelita por Yolande” e din que ela só quería “tomar o aire” con Aelita. E así termina o episodio.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
46: Escenas repetidas 47: En forma 48: Anda alguén aí?

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou