Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Dereito de gabar
Lyoko79
Título orixinal (francés) Arachnophobie
Título en inglés Bragging Rights
Nº de episodio total 79
Tempada 4
Episodio na tempada 4x14
Data de lanzamento orixinal 29 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
O laboratorio
seguinte
Vida de can

Dereito de gabar é o episodio 14 da tempada 4 e o episódio 79 da serie Código Lyoko. Estreouse o 29 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza loitando Ulrich e Yumi cunhas arañas cibernéticas, e logo explican a historia dicindo “Unhas horas antes”:

Na clase de ximnasia, Jim dá unha clase de salto ao trampolín, Jim téntao e faio mal, daquela Hervé tamén o tenta e tamén o fai mal, e Odd búrlase del. Jim ordénalle que sexa o seguinte por reirse, o rapaz faio moi ben, pero Jim dálle 4 horas de castigo.

No patio Odd quéixase de que lle deron un castigo inxusto, Ulrich explícalle que foi moi groseiro e pretencioso con Jim, Jeremie e Aelita chegan e dinlle que el é así. Odd non cre que iso sexa verdade e aposta de mala gana con Ulrich que é capaz de pasar 24 horas sen facerse o vanidoso. Máis tarde, chegan á fábrica e os Guerreiros de Lyoko virtualízanse para coller o Skid.

O Skid entra á Réplica do bosque, e Aelita atraca o submarino nunha torre. Esta vez son teletransportados Ulrich e Yumi ao laboratorio da selva amazónica, quen chegan até a porta que antes fora aberta por Aelita cos seus poderes, Ulrich desobedece a orde de Jeremie de esperar e rompe coa súa katana o panel que abre a porta, pero a porta queda pechada permanentemente. Jeremie ten a idea de cortar a electricidade do peche magnético da porta, Ulrich diríxese a facelo, pero Jeremie advírtelle que antes o pense mellor.

Na Réplica, Odd e Aelita desembarcan do Skid para loitar contra William-XANA e tres vespas e porque unha torre foi activada. Jeremie virtualiza os vehículos, Aelita quere ir á torre mintas Odd enfróntase aos seus opoñentes, pero Jeremie négase e ordénalles entretelos.

Ulrich atopou o xerador pero ten moitos botóns vermellos que parece unha máquina comecartos, tenta esnaquizar o xerador coa súa katana para deixar sen luz á supercomputadora. Yumi cánsase de esperar e vaise da sala da supercomputadora. Entón é atacada polas arañas cibernéticas, que xa están activas. Mentres tanto Odd destrúe ás vespas.

Ulrich fai o que pensara facer, a luz córtase e as arañas paralízanse. Jeremie cre que todo se cumpriu, a Réplica empeza a desaparecer, pero as luces volven e a Réplica volve crearse.

Jeremie tenta buscar o xerador auxiliar, mentres Ulrich regresa por Yumi. Aelita diríxese á torre, William-XANA perséguea pero, despois dunha loita, Odd lle desvirtualiza. Jeremie atopou o xerador auxiliar, pero Yumi e Ulrich son derrotados polas arañas e volven ao Skid. Odd propón de ir destruír o xerador auxiliar, volve ao Skid e é teletransportado ao laboratorio. Mentres tanto, na Réplica, dúas tarántulas empezan a atacar o Skid.

Na Amazonia, Odd sae do laboratorio, pero atópase coas arañas, que protexen o xerador auxiliar. Na Réplica, cando Aelita estaba preto da torre, veñen máis vespas, que logran desvirtualizar á moza antes de que poida desactivar a torre. Na Réplica, Odd empeza a loitar contra as arañas, e na loita utiliza o que lle ensinou Jim ao principio do episodio. Ao final destrúe o xerador, e con el tamén a supercomputadora. Entón a Réplica empeza a desaparecer, Odd volve ao Skid pilotándoo el e saen da Réplica. Desde fóra, eles ven como a esfera da Réplica explota. A misión foi cumprida.

Tempo despois, no baño de rapaces, Jeremie e Ulrich cren que Odd cambiou a súa maneira de ser, volvéndose humilde, pero Odd entea como pallaso e vacila con que foi o que se duchou máis rápido: 41 segundos. Parece que xa non lle importa o que apostou con Ulrich.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
78: O laboratorio 79: Dereito de gabar 80: Vida de can
Advertisement