Fandom

Wiki Código Lyoko

Cortex

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Cortex
Lyoko97.jpg
Título orixinal (francés) Cortex
Título en inglés Cortex
Nº de episodio total 97
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x2
Data de lanzamento orixinal 5 de xaneiro do 2013
Tipo de episodio Creación doutro Skid
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
XANA 2.0
seguinte
Espectromanía

Cortex é o episodio 2 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 97 en total de Código Lyoko. Estreouse o 5 de xaneiro do 2013 en Francia.

Argumento

Jeremie atopa unha maneira de recrear o Skidbladnir, polo que os Guerreiros de Lyoko poden pescudar en cal Réplica o recentemente reactivado XANA escóndese.

William séntese profundamente apenado polo que estivera facendo nos últimos meses mentres que estaba baixo o control de XANA, pero deuse conta de que algo moi malo pasaba con XANA xa que Odd queda atrapado en Kadic por Jim.

Na fábrica, Yumi, Ulrich e Aelita virtualízanse no sector 5. Despois de abordar o Skid, rapidamente viaxan a través do Mar dixital e chegan á Réplica nova: Cortex, que Jeremie atopou chea de sinais de XANA.

Esta Réplica está feita dun só territorio. Non hai nada que xa vimos. Enormes plataformas circulares flotantes ao redor e unha esfera de gran tamaño que se asemella a un núcleo no centro.

Yumi, no Overwing, foi desvirtualizada rapidamente por mor de que a terra é sempre cambiante en Cortex. Con todo, non foi devolta aos escáneres. Ulrich e Aelita montan no Overbike para atopar os códigos necesarios para Yumi. Por desgraza, caen nunha trampa e Aelita só sobrevive grazas ás súas ás.

Ao mesmo tempo, William chega á fábrica. Jeremie finalmente decide virtualizar a William como soporte de Aelita, e aterra á beira da plataforma. Jeremie ofrécelle a William un vehículo, pero William négase, xa que XANA deixou un “agasallo” para el, o super fume.

En Kadic, Jim finalmente libera a Odd. Aelita está nunha mala situación, un territorio que cambia de forma e uns cangrexos. Con todo, William chega e elimínaos rapidamente a todos coa súa espada e a súa enorme capacidade de super fume; capacidade que permaneceu intacta mentres se atopaba baixo o control de XANA.

William e Aelita achéganse ao núcleo de Cortex. William trata de abrir a porta coa súa espada, pero fracasa. A porta ábrese despois. Máis cangrexos aparecen, William envía a Aelita ao núcleo e Odd únese a el para loitar contra os cangrexos.

En Cortex, Aelita consegue eventualmente os códigos de materialización, e ve unha foto do seu defunto pai, Franz Hopper, que lle preocupa bastante.

A porta do núcleo comeza a pecharse, e Aelita vese obrigada a abandonar. Na Terra, os códigos de materialización funcionan, e Ulrich e Yumi reaparecen nos escáneres.

De volta no mundo real, os Guerreiros de Lyoko reconcílianse con William. Aelita, mentres tanto, pregúntase por que a foto do seu pai aparecera na rexión de Cortex. Ao final do episodio Odd e William reconcílianse e Odd gástalle unha broma pola que acaba William dez horas castigado por Jim.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
96: XANA 2.0 97: Cortex 98: Espectromanía

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou