Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Confusión
Lyoko111
Título orixinal (francés) Confusion
Título en inglés Confusion
Nº de episodio total 111
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x16
Data de lanzamento orixinal 13 de abril do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Sen códigos
seguinte
Unha carreira profesional asegurada

Confusión é o episodio 16 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 111 en total de Código Lyoko. Estreouse o 13 de abril do 2013 en Francia.

Argumento[]

En Kadic, mentres Ulrich estase cepillando os dentes, aparace un espectro desde unha lámpada e desaparece. No patio, Yumi cóntalles aos demais que algo estraño ocorreu na súa casa, é o mesmo que lle sucedeu a Ulrich, Jeremie di que o seu móbil non detectou nada, Aelita suxire ir á fábrica, xa que teñen tempo para volver antes das próximas clases, Yumi e William non poden ir por un exame. No camiño, Laura úneselles.

No laboratorio, ven que o holomapa funciona ben e non hai nin unha torre activada, pero de súpeto actívase unha no sector das montañas, e outra no deserto. As torres a están a activarse e desactivarse constantemente e moi rápido. Os ataques están a ser curtos, ponse a crer que é un truco de XANA para lanzar un ataque longo despois.

Jeremie virtualiza a Odd e Ulrich en Lyoko. Odd ponse a presumir con Ulrich, entón Jeremie atopa a localización da torre nas montañas e Ulrich vai cara a alá pero ao chegar desactívase soa.

Aelita envia unha mensaxe a Yumi pero ela e William permanecen no exame. Odd recibe a localización da torre no seu sector, ao chegar ve que está custodiada por cangrexos, Ulrich diríxese a axudalo.

Cando Odd achégase, os cangrexos destrúense por si sós e a torre desactívase soa. Ponse a discutir e nun momento mencionan a Franz Hopper. Iso fai que Laura lle faga preguntas a Aelita acerca do seu pai, pero ela só dille que se ocupe dos seus asuntos. Jeremie detecta que algo pasa en Cortex.

Yumi e William chegan e virtualízanse para ir ao sector 5 con Odd e Ulrich e viaxar a Cortex. Laura retírase por un pouco de tarefa. Aelita retírase a verificar algo. Unha vez que chegan ao Mar dixital, Odd ponse a dicir unha broma.

En Kadic, Aelita atopa a Laura e vea observando a súa tablet, cando a loura vai a outro lado deixando o dispositivo, Aelita entra e fai algo e retírase, Laura vén e sae. Xa en Cortex, Odd toma o mando do Megapod e Jeremie pide que lle digan todo o que está a pasar.

Aelita segue camiñando e Laura aparece dicindo que atopou algo acerca de Franz Hopper e pregúntalle por que el abandonouna e elixiu o seu proxecto sobre a súa filla, Aelita respóndelle que o seu pai non a abandonou, sacrificouse por ela e pregúntalle se cre que se o seu pai non faría o mesmo e vaise.

En Cortex, infórmanlle a Jeremie que un cangrexo e un Ninja están a loitar, o que lle deixa intriga, o cangrexo desvirtualiza ao Ninja e entra ao núcleo, os demais o seguen. Aelita regresa ao laboratorio.

Cando toman o transportador, descobren que un exército de tarántulas e cangrexos están a atacar aos Ninjas, os cales están a protexer a interfaz. Un cangrexo aparece detrás dos rapaces e desvirtualiza a Yumi, entón comeza unha batalla.

Os Guerreiros de Lyoko atacan aos monstros, pero un Ninja desvirtualiza a William. Ao final todos os monstros morren e Odd e un Ninja desvirtualízanse mutuamente. Ulrich, fai fronte ao ultimo Ninja e derrótao. Mete un cartón e a interfaz e Jeremie nota que parece que XANA destruíu unha actualización de seguridade instalada na supercomputadora de Tyron.

Ponse a crer que Tyron interfere nos ataques de XANA e actua coma se este non existise. Entón Aelita suxire ir advertir a Tyron, Jeremie está de acordo. Na noite, todos dormen ata que Jeremie recibe unha mensaxe, nota que Tyron respondeulle e avisa aos demais.

Unha vez na fábrica, Jeremie virtualiza a Aelita e Yumi, a pesar das preocupacións dos outros rapaces de que vaian soas, chegan á interfaz e aparece unha pantalla onde Tyron fálalles. Aelita explícalle a verdade sobre XANA, pero o profesor non entende nada e di que o pode controlar todo e que non lle teme a nada. Dous Ninjas aparecen e paralízanas, Aelita advírtelle a Jeremie que están a tentar atrapalas no mundo virtual para sempre, polo que el as desvirtualiza antes de que sufran danos.

Yumi di que Tyron é un tolo que que non quere escoitar as súas razóns, Aelita agrega que non hai nada que facer ao non entender que está a permitir que XANA acceda á rede. Jeremie di que a pesar do fracaso, Tyron pódeos axudar deseñando un virus alterno contra XANA.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
110: Sen códigos 111: Confusión 112: Unha carreira profesional asegurada
Advertisement