Fandom

Wiki Código Lyoko

Como enganar a XANA

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Como enganar a XANA
Lyoko104.jpg
Título orixinal (francés) Comment tromper XANA
Título en inglés How to Fool XANA
Nº de episodio total 104
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x9
Data de lanzamento orixinal 23 de febreiro do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Virus
seguinte
O espertar do guerreiro

Como enganar a XANA é o episodio 9 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 104 en total de Código Lyoko. Estreouse o 23 de febreiro do 2013 en Francia.

Argumento

En Kadic, Odd fai que Sissi peléxese con el e ela retírase, Ulrich lémbralles aos Guerreiros de Lyoko que Sissi é a súa amiga agora e que deben ser máis amable con ela. Máis tarde Jeremie explícalle aos seus compañeiros un modo de enganar a XANA, ten a idea de implantar uns códigos fonte falsos que poden facer que XANA non poida roubar os códigos fonte reais e podería facerlle perder poder. A pesar de descoñecer os efectos sobre eles, Ulrich ofrécese voluntario para arriscar a súa vida recibindo eses códigos fonte falsos.

Na fábrica, Ulrich e Yumi virtualízanse no sector do deserto e diríxense á torre; mentres se dirixen cara a alá, Yumi pregúntalle ao seu amigo o por que se ofreceu voluntario no seu lugar, el respóndelle con nerviosismo.

Chegan á torre e uns cangrexos aparecen de lonxe pero non atacan. O rapaz entra á torre e Jeremie implantar os códigos falsos, ao principio ocorre un erro, pero resólvese. Ulrich sae da torre disposto a pelexar contra Yumi, pero era unha broma, e Jeremie materialízaos.

Máis tarde, Odd vai ver a Samantha, Ulrich e Yumi sentan no patio e falan. Sissi atópase cun rapaz que resulta ser o espectro e este retírase. Detéctase unha torre activada, Ulrich e Yumi son chamados e eles esperan, nun momento aparece Jim que lles di que non se esquezan da sesión de adestramento, logo se dispulpa por estar aos molestar ao velos tomados da man.

Odd atópase con Sissi coa que choca, ela retírase molesta, Odd chama a Jeremie e dille que o espectro é Sissi (cre que é así por non insultarlle). O xenio dille que lle siga, Odd faio a reganadientes a pesar do de Samantha, pero de todos os xeitos atópaa e ponse a falar con ela no canto de seguir a Sissi.

Ulrich e Yumi atopan á súa amiga e Ulrich achégase para tocala, pero nota que non é o espectro. O verdadeiro espectro (o rapaz de antes) aparece e deixa como hipnotizada a Yumi, Ulrich a axuda e ela esperta e corre, Ulrich cae na hipnosis, Sissi o esperta e el corre tamén. Jeremie ordénalle buscar ao espectro antes de que toque a Yumi, logo virtualiza a Aelita e William. Yumi escóndese no que parece ser un salón, e recibe unha chamada que fai que o espectro entre a buscar. En Lyoko, Aelita e William chegan á torre e procuran non alertar a XANA.

Yumi consegue escapar do espectro. Aelita termina atopándose cun bloque ao que destrúe, logo aparecen outro tres que a rodean, William destrúe un destes bloques e Aelita destrúe outro, pero outro termina desvirtualizándoa, empeza unha batalla entre William contra os bloques e cangrexos. Jeremie ordena a Yumi esconderse no ximnasio, chama a Odd que se molesta por ter que deixar a Sam, finalmente dille a Ulrich o do espectro e mándao ao ximnasio. Odd vírtualizase, salva a William e pelexan cos cangrexos e bloques, ao final William é desvirtualizado.

No ximnasio, Yumi escapa de alli, o espectro descóbrea e vólvea a perseguir. Odd ataca e entra á torre. Yumi é acurralada e o espectro hipnotízaa, Ulrich chega, toca ao espectro e este desaparece, a torre desactívase sen que Odd fágao. Yumi esperta e alértase ao ver que Ulrich quedou inconsiente. Máis tarde, Jeremie decide que non dará máis códigos fonte a pesar de que XANA perdeu parte do seu poder, é moi arriscado. Odd vaise para facer as paces con Samantha, pero choca con Sissi e peléxase con ela.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
103: Virus 104: Como enganar a XANA 105: O espertar do guerreiro

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou