Wiki Código Lyoko
Advertisement
Cangrexo

Cangrexo.

Os cangrexos son monstros de XANA con forma de disco avermellado en forma de caparazón con catro longas patas de gran axilidade que lle permite moverse rapidamente, rubir por unha superficie totalmente vertical e rotar no sitio 180 graos. Normalmente traballan sós, en dúos ou en tríos aínda que no episodio 35 (As cartas sobre a mesa) viuse un exército enorme deles.

Adoitan medir entre 2 e 5 metros de altura. Adoitan estar nos sectores do bosque e do deserto. Están equipados con tres tipos de láseres: varios láseres amarelos de disparo rápido que quitan 10 puntos; outro tres encima destes que disparan tres feixes vermellos que se xuntan nun ao saír, máis potente e quita 40 puntos; e outro situado na parte inferior, disparado en sentido vertical e que quita 80 puntos. Cada vez que disparan cos seus láseres, o escintileo resultante forma fugazmente un ollo de XANA fronte ás súas miras de láser. Tamén lles é posible atacar coas súas longas patas, desvirtualizando ao impacto. Cando o golpean no Ollo de XANA é destruído e desaparece ao instante, iso presenta a mesma debilidade que o resto dos monstros.

Foron os segundos monstros en materializarse na Terra no episodio 39 (Unha volta mala), causando a destrución dos escáneres. No episodio 69 (Sala de xogos) parecían que estaban a atacar a William-XANA pero ao final era un reclamo por parte de XANA.

Curiosamente, en Código Lyoko: Evolución é o monstro con máis protagonismo e aparicións, ademais XANA adóitao utilizar moito nas misións máis importantes como o monstro líder. Un exemplo é no episodio 111 (Confusión) que o utilizou en Cortex para atacar aos Ninjas de Tyron xunto con unas cantas tarántulas.

Galería


Monstros de XANA
BloquesCangrexosCascudasGardiánKolosoMantasMegatanquesScyphozoaTarántulasVermesVespasMonstros do Mar dixitalClons
Advertisement