FANDOM


Evolución.jpg

Logo de Código Lyoko: Evolución.

GuerrerosEvolución.png

Os Guerreiros de Lyoko en Código Lyoko: Evolución.

Código Lyoko: Evolución (orixinalmente Code Lyoko: Evolution) é a continuación oficial de Código Lyoko. Esta é a quinta tempada da serie, pero é un live-action, partido no mundo real con actores reais e o mundo virtual en 3D.

Historia

A historia pasa un ano despois que a supercomputadora foi desactivada cando novos feitos acontecen en Kadic indicando que XANA regresou, facendo que Aelita, Jeremie, Yumi, Odd, Ulrich e William deban volver ás actividades en Lyoko. Co pasar do tempo o grupo precisa da axuda de Laura Gauthier quen acaba sendo o sétimo membro do equipo.

Novidades

As personaxes son interpretadas por actores reais, así como os lugares na Terra, pero en Lyoko seguen en animación CGI 3D. MoonScoop iniciou unha pequena proba para mozos e mozas franceses de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, para decidir quen interprete no mundo real os personaxes da serie. A proba terminou o 1 de abril do 2012 e os adolescentes que interpreten aos personaxes da serie xa foron seleccionados, e xa se coñeceron. A rodaxe empezou o 2 de xullo do 2012 e a partir dese momento gravaron oito semanas seguidas terminando o 30 de agosto, pero a animación 3D acabou en novembro do 2012, e estreouse en Francia o 19 de decembro do 2012. En España estrearase pola canle Boing, pero non se sabe a data da estrea.

XANA volve á serie, pero hai uns novos antagonistas: os Ninjas, que foron confirmados hai un tempo, controlados polo profesor Tyron, un novo antagonista engadido en Código Lyoko: Evolución que estaba previsto que se engadise na tempada 4 co nome de Alan Meyer pero non había espazo para el. Hai un novo territorio chamado Cortex, unha nova réplica creada polo profesor Tyron, o novo antagonista. Esta réplica está conectada directamente coa supercomputadora. O chan deste territorio está composto de elementos que se conectan aos módulos entre si para formar o panorama mundial. Este chan cambia, co que os Guerreiros de Lyoko precisan dun novo vehículo: o Megapod. Está composto de moitos eixos e tubos que rodean unha pequena esfera planetaria, onde se atopa o núcleo de Cortex. Neste sector Aelita atopa indicios da súa nai, Anthea Hopper, onde a volve atopar despois de moito tempo, pero non se chegan a ver en persoa.

Outra das grandes novidades é que hai unha sétima protagonista interpretada por Pauline Serieys, e chámase Laura Gauthier.

Reparto

Ao reparto foron feitas audicións en Francia con adolescentes para os papeis principais, e o reparto xeral quedou así dividido:

Reparto principal

Actores Personaxes
Marin Lafitte Jeremie Belpois
Léonie Berthonnaud Aelita
Mélanie Tran Yumi Ishiyama
Gulliver Bevernaege-Benhadj Odd Della Robbia
Quentin Merabet Ulrich Stern
Diego Mestanza William Dunbar
Pauline Serieys Laura Gauthier

Reparto secundario

Actores Personaxes
Bastien Thelliez Jim Moralés
Eric Soubelet Jean-Pierre Delmas
Hugues Massignat Franz Hopper
Clémency Haynes Elisabeth (Sissi) Delmas
Sophie Fougère Suzanne Hertz
Louise Vallat Samantha Knight
Frank Beckmann Profesor Tyron

Episodios (2013)

Diferenzas

  • Kiwi, o can de Odd, non está presente nesta tempada. Odd explica no episodio 113 (Obstinación) que deixou Kiwi coas súas irmás.
  • Ulrich e William comezan a converterse en amigos.
  • A apertura foi modificada, modificando a música tema e as imaxes.
  • Sissi fai só dúas pequenas aparicións, a diferenza das outras tempadas onde aparecía en boa parte dos episodios.
  • Hervé e Nicolas non están presentes nesta tempada. Nicolas é só citado nun episodio.

Ligazóns externas

Sucesión de tempadas

Tempada anterior Tempada actual
Tempada 4 Código Lyoko: Evolución

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou