Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Código Lyoko

Logo de Código Lyoko.

Código Lyoko (Code Lyoko) é unha serie animada francesa creada por Thomas Romain e Tania Palumbo no ano 2003. Está producida por Antefilms (1ª tempada) e por MoonScoop (da 2ª tempada en diante), en asociación con France 3 e Canal J.

Esta serie utiliza a animación en 2D (para a representación do mundo real) e a animación en 3D (para a representación de Lyoko, o mundo informático). En Galicia emítese de luns a venres á mañá no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.

Argumento[]

A serie trata de catro estudantes adolescentes que van á Academia Kadic, chamados Jeremie Belpois, Yumi Ishiyama, Odd Della Robbia e Ulrich Stern, que descobren a Aelita, unha humana virtual, e viaxan a Lyoko por medio duns escáneres situados nunha fábrica abandonada. Teñen como misión defende-la terra de XANA.

XANA trátase dun virus informático que toma posesión da supercomputadora e ataca ao mundo virtual de Lyoko, creado por Franz Hopper (un antigo profesor de ciencias e ademais, pai de Aelita) para consegui-la dominación do mundo. Ataca ao mundo activando as “torres”, xeralmente de unha en unha, que actúan como acoplamentos ao mundo real. Os catro amigos teñen que virtualizarse usando os escáneres da fábrica, para axudar a Aelita a atopa-la torre que está activa. Son unhas corenta torres dispersas polos cinco sectores de Lyoko: xeo, deserto, bosque, montañas e Cartago. Mentres que Jeremie se encarga de detecta-los diferentes monstros que lles fan a vida imposible, guiarlles polo bo camiño e axudarlles todo o que pode dende a fábrica, os outros loitan contra estes monstros que XANA envía para que non cumpran co propósito de desactiva-la torre.

Para desactiva-la torre, Aelita ten que entrar nela e teclea-lo código: Lyoko, e así deter a XANA e mailo seu ataque contra o mundo verdadeiro. Despois de conseguilo, a supercomputadora pode iniciar o “regreso ao pasado”, se o ataque de XANA foi de grande importancia, deixando só cos recordos do devandito ataque aos nosos heroes.

Personaxes[]

Principais[]

Secundarios[]

Artigo principal: Personaxes secundarias

XANA[]

Artigo principal: XANA

É a antagonista da serie e quere destruír aos nosos heroes e dominar o mundo. XANA foi creada por Franz Hopper. Cando lanza un ataque activando unha torre, esta vólvese de cor vermella e os montros que están ao seu servizo van protexe-la torre activa para que Aelita non a desactive. Máis adiante, descóbrese que cada vez que inician o “regreso ao pasado”, XANA dobra a súa enerxía.

Lugares[]

Mundo real[]

Mundo virtual[]

Episodios[]

Artigo principal: Episodios

Dobraxe ó galego[]

  • Estudio: Século XXI.
  • Data: 2006.
  • Dirección: Tuto Vázquez e Xerardo Couto.
  • Tradución: Xerardo Couto.
  • Reparto da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Jeremie Belpois Óscar Fernández
Aelita Ana Ouro
Yumi Ishiyama Montse Davila
Ulrich Stern Antón Ja
Odd Della Robbia Chema Gagino
William Dunbar Xerardo Couto
Elisabeth (Sissi) Delmas Teresa Santamaríat
Franz Hopper Xosé Manuel Rodríguez
Jim Moralés Matías Brea
Jean-Pierre Delmas Tuto Vázquez
Suzanne Hertz Isabel Vallejo
Nicolas Poliakoff Roberto Reboiro
Hervé Pichon Matías Brea
Milly Solovieff Isabel Vallejo
Tamiya Diop Chelo Díaz
Hiroki Ishiyama Teresa Santamaría

Ligazóns externas[]

Advertisement