Fandom

Wiki Código Lyoko

Código: Terra

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Código: Terra
Lyoko25.jpg
Título orixinal (francés) Code Terre
Título en inglés Code: Earth
Nº de episodio total 25
Tempada 1
Episodio na tempada 1x25
Data de lanzamento orixinal 18 de febreiro do 2004
Data de lanzamento (Galicia) 22 de setembro do 2007
Tipo de episodio Materialización de Aelita
Episodios de Código Lyoko
anterior
A canle oculta
seguinte
Intento frustrado

Código: Terra é o episodio 25 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 18 de febreiro do 2004 en Francia e o 22 de setembro do 2007 en Galicia.

Argumento

O episodio empeza pola noite, con que Jeremie por fin conseguiu crear o programa para materializar a Aelita, e preparou o Plan Alfa. Esa noite informa a Yumi que despois de varios simulacros, o Plan Alfa está listo. Ao día seguinte, Yumi pregunta aos seus pais se unha amiga coa que se fala por correspondencia poderá pasarse uns días na súa casa. Os seus pais fanlle preguntas, e Yumi di que se chama Aelita Lyoko, é xaponesa como ela (polo seu falso apelido) e os seus pais son informáticos.

En Kadic, Ulrich e Odd están no despacho do director, onde Odd inscribe a Aelita á academia e di ao sr. Delmas que é a súa curmá de Holanda. Cando saen, aparece Jim que non se cre que inscribisen unha nova alumna, e quere saber que traman o catro. No patio, Yumi aparece e di a Odd e Ulrich que os seus pais lle dan permiso. Na habitación de Jeremie, o xenio pon en marcha o programa de materialización de Aelita e na pantalla sae un (+) dicindo que funciona. Entón dinllo a Aelita.

No patio, Jim interroga a Sissi e ela di que están na habitación de Jeremie, incluído Yumi a pesar de ser externa. Na súa habitación, Jeremie pon o programa nun disco. O plan é que debe instalar o programa e logo Aelita debe facer correr o programa desde Lyoko na torre do bosque. Jim aparece no corredor e esixe respostas. O director aparece e rifa a Jim, e os Guerreiros de Lyoko se escabullen.

Jeremie, Odd e Ulrich están en clase de ciencias coa señora Hertz, mentres Yumi ten clase de italiano. En ciencias, a señora Hertz fai unha pregunta a Jeremie, e como el estaba despistado, di unha cousa incoherente. Aelita avisa que XANA está a atacar a torre. Vanse á fábrica, e Jim téntaos seguir pero escápanse sen que se decate. Xa na fábrica, Jeremie virtualiza aos Guerreiros de Lyoko no bosque, e atópase con Aelita. Jeremie ingresa o disco, pero só para descubrir que trouxo por erro o vídeo musical de Odd (chamado Break-Dance cos Pelmas) e o disco correcto está no seu cuarto. Vólvese á habitación.

Jim está a dar clase de educación física, cando Jim veo. Cando sae da habitación, Jim non o deixa continuar. Jeremie escápase e Jim perségueo e por querer escapar del, Jeremie, roda e cáese polas escaleiras, lesionándose un nocello. Mentres tanto, os Guerreiros de Lyoko están a esperar na torre, cando aparece un megatanque. Na enfermaría, a enfermeira Yolande Perraudin di a Jeremie que se rompeu un nocello e que non poderá camiñar nunha semana co que está confinado na enfermaría, mentres que o director despide a Jim por pór en risco aos alumnos.

En Lyoko, os megatanques seguen atacando, e os Guerreiros de Lyoko saen. Na enfermaría, Jeremie pide ir ao lavabo e a enfermeira vai a por un orinal. Entón aparece Jim que quere desculparse e que se merece que lle despediron, e entón Jeremie decide revelarlle todo, prometendo axudarlle a recuperar o seu traballo se o saca de aí. Cando a enfermeira volve co orinal, Jeremie xa non está. El insignia a Jim o túnel dos sumidoiros. Jeremie con axuda de Jim chega a tempo á fábrica mentres lle explica todo.

En Lyoko, os Guerreiros de Lyoko seguen loitando, e Yumi e Odd son desvirtualizados. Cando volven ao laboratorio, atópanse con Jim, pero Jeremie di que agora é dos seus. Ulrich destrúe un megatanque, pero vén outro. Cando o megatanque está a piques de destruír a torre, Jeremie fai correr o programa e Aelita activa o Código: Terra. Aelita sobe pola plataforma da torre, mentres Ulrich é desvirtualizado.

O episodio termina con todos (incluído Jim) ao redor do escáner e Aelita saíndo del.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
24: A canle oculta 25: Código: Terra 26: Intento frustrado

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou