Fandom

Wiki Código Lyoko

Bloque

182páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Bloque.png

Bloque.

Episodio102.jpg

O bloques fan un muro (Código Lyoko: Evolución).

Os bloques son uns monstros que envía XANA en Lyoko para loitar contra os Guerreiros de Lyoko (Jeremie, Aelita, Yumi, Ulrich, Odd e William). Son basicamente cubos sobre unhas patas. Teñen seis patas máis curtas do normal (comparándoas co habituais catro dos outros monstros) permitíndolles balancearse sobre superficies das que os outros monstros caerían, como os picos no sector das montañas, aínda que en ocasións demostraron ser bastante inestables, xa que cando outro monstro é desvirtualizado demasiado preto deles, estes hanse balanceado e case caen de lado pola onda expansiva. Os bloques teñen catro ollos, un por cada cara vertical, e poden ver desde todos eles. O catro son tamén como puntos débiles para os bloques. Poden rotar a súa cabeza sobre un eixo que conecta a cabeza ás patas.

Cada ollo de XANA na cabeza de forma cúbica dos bloques ten unha función diferente. A pesar disto, eses ollos parecen idénticos e non poden ser distinguidos uns doutros. Isto ponse a favor dos bloques nalgunhas ocasións, pero normalmente non é un problema. O ollo frontal é o cerebro, o ollo dereito é un láser que quita 15 puntos, o ollo esquerdo lanza un raio congelante que quita 10 puntos e conxela ao opoñente, e o ollo traseiro dispara refachos de aneis de fogo que quitan 25 puntos. Cada arma ten un brillo específico antes de disparar: vermello para os láseres, azul claro para o raio de xeo, e laranxa para os aneis de fogo. O láser e os aneis de fogo quitan trinta puntos de vida por cada acerto. O raio de xeo dispara como unha corrente continua e produce distintos e severos efectos. Pode conxelar calquera parte do corpo, facendo que haxa que rachar o xeo, ou pode conxelar completamente. Se alguén é conxelado totalmente, son desvirtualizados ou permanecen completamente xeados durante tres minutos. Ulrich é o único do grupo que foi conxelado totalmente polo raio de xeo. Isto pode ser debido en parte ao seu estilo de combate, o cal se centra en bloquear os ataques en lugar de evadilos. Foi demostrado que o raio de xeo é case imbloqueable, aínda que pode selo cordinándose ben para atacar na parte do bloque, a habilidade a bloquear especialízase en ataques coa espada ou sabre, ou o feito de que eles só usan esta habilidade cando os seus brancos están en garda. Un bloque foi conxelado accidentalmente por un dos seus compañeiros nunha ocasión, pero a conxelación non lle desvirtualizou. De feito, o bloque tentou disparar ao seu compañeiro despois de facer iso, aínda que é bastante coñecido que un bloque se volva case de inmediato contra calquera compañeiro seu que case lle haxa atinado por erro, aínda que non sempre acabe iso cun disparo ao outro.

Os bloques aparecen normalmente en grupos de dous a catro, a pesar de ser pequenos ás veces poden representar unha gran ameaza.

En Código Lyoko: Evolución pódense pór un sobre o outro e facer un muro, e desvirtualizan ao impacto (quitan os 100 puntos). O muro mesmo pode desvirtualizar a dous opoñentes.


Monstros de XANA
BloquesCangrexosCascudasGardiánKolosoMantasMegatanquesScyphozoaTarántulasVermesVespasMonstros do Mar dixitalClons

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou